Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2018

Calendario de exames se setembro 2018

Entraga de premios IGACIENCIA 2018

O pasado día 21 de xuño entregaronse os premios IGACIENCIA 2018 no centro IES Ramón Menéndez Pidal .

Ligazon das fotos da entrega :

http://www.igaciencia.eu/gl/node/292

 

Intercambio con Hamburgo_ Visita dos alemáns

Do 11 ao 18 de xuño estivo con nós o alumnado de Hamburgo, acompañado pola súa profesora Mar Meixner. Foi unha semana moi intensa na que, ademáis de asisitr ás clases, participaron en diversas actividades (visitas pola cidade, práctica de paddle surf en Orzán, excursión a Santiago, exhibición de esgrima histórica, Concerto etc.). Cabe destacar o boísimo entendemento entre o alumnado, o interese e a participación das familias de acollida, así coma a implicación do profesorado.

 

 

Recepción no concello

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, recibiron esta mañá no Pazo de María Pita a estudantes de intercambio do centro de ensino Gymnasium Meiendorf de Hamburgo e do IES Menéndez Pidal.
O rexedor fixo fincapé na relevacia que teñen na formación dos rapaces e das rapazas as oportunidades de coñecer novas culturas e realidades, así como a práctica de idiomas. Por iso, dixo, o Goberno local mantén a súa aposta por programas de intercambio como Junior Year ou Idiomas do mundo.

La imagen puede contener: 23 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior

Fóra da aula

Fóra da aula é un proxecto educativo que tratará de dar a coñecer e introducir ao alumnado da ESO na experiencia da performance e a acción artística, co obxectivo de contribuir ao desenrolo da creatividade, a participación activa, e o traballo en común. Mediante as ferramentas que nos proporciona a arte e en particular a arte de acción, estableceremos diferentes xogos, a modo de experiencias de búsqueda nas que atopar as formas de comunicar que mellor se adapten ao que queremos transmitir.

Da man de Patricia, profe de plástica e bailarina de contemporánea, o alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO fixo un proceso creativo, conxuntamente coa Performer Marta Cuba, algunhas tardes dos venres no instituto para argallar o proceso.

-Colaboramos na “SENS ARTS WEEK”sensibilidade e transformación social 

“A arte é a clave para formar xeracións capaces de reinventar o mundo herdado. Reforza a vitalidade das entidades culturais e promove a relación con outras comunidades.”(UNESCO)

 

Para saber máis pincha aquí

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer