Resultado de imagen de logo fse en galego     

blogue deZalaeta

Normas de obrigado cumprimento para as probas extraordinarias de setembro

  1. Á entrada e saída do centro, será obrigatorio para todas as persoas (persoal do centro, familias e visitantes) realizar a hixiene de mans empregando a solución hidro alcohólica colocada na entrada.
  2. É obrigatorio usar máscara de protección en todo momento.
  3. Gardarase a distancia de seguridade de 1,5 metros coas demais persoas.
  4. O alumnado acudirá ao centro xusto na hora que lle corresponde realizar o exame. En caso de ter varios exames e ter que esperar estará nunha aula habilitada con profesorado de garda.
  5. O alumnado levará todo o material necesario para o exame.
  6. Non se pode compartir material de uso propio cos compañeiros/as.
  7. O acceso á aula realizarase circulando sempre pola dereita e mantendo a distancia de seguridade de 1.5m.
  8. Unha vez dentro da aula, o alumnado deberá facer uso da máscara en todo momento e, con carácter xeral, debe permanecer no mesmo sitio durante todo o exame. 
  9. Unha vez rematado o exame o alumnado debe abandonar o centro, non podendo quedar polos corredores, patios, etc.
  10. O uso adicional de viseiras protectoras non é obrigado aínda que non se prohibe para as persoas que voluntariamente as usen.
  11. Considerase pouco recomendable, pola falsa seguridade que pode transmitir, o uso de luvas.  
  12. En cada aula habilitarase:
  • Un dispensador de solución hidroalcohólica que se deberá usar cada vez que se acceda. 
  • Papel desbotable e solución desinfectante para proceder á limpeza dos postos de traballo se fose necesario.
  • Papeleira de pedal con tapa para todos aqueles materiais empregados na limpeza, hixiene e/ou desinfección (papeis, panos, máscaras…).   

CURSO 2020-2021

O 1 de setembro iniciamos o curso 2020/2021. A especial situación que estamos a vivir precisa que todos e todas poñamos da nosa parte, cumprindo as recomendacións sanitarias en todo momento. Sabemos que este curso vaiser, cando menos, diferente e difícil. Pero todo o equipo de persoal docente e non docente faremos o que estea nas nosas mans para que o espírito zalaético siga medrando.

Prestade atención, xa que iremos publicando, tanto nas redes sociais como nesta web, toda a información de interese para dar comezo a este novo curso.

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES de La Voz de Galicia

BUSCADOR DE ESTUDOS SUPERIORES de La Voz de Galicia

 

 

Reclamacións das cualificacións de 2º de Bacharelato. Curso 2019/2020.

Enlace á orde que regula ás reclamacións en 2º de bacharelato no curso 2020-21:

Reclamacións no centro. Prazos:

  • Convocatoria ordinaria: 10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación,

Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos:

1. Comunicación á comisión de supervisión.

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do 16 de xuño de 2020
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do 7 de setembro de 2020.

2. Remisión do expediente á comisión de supervisión.

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do 18 de xuño de 2020.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do 8 de setembro de 2020.

 

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer