Resultado de imagen de logo fse en galego     

blogue deZalaeta

GALA DADO

O martes 30 de abril os nosos alumnos de 1º da ESO asistiron a Gala Dado onde se entregan os premios aos mellores microrrelatos e booktrailers realizados nos institutos públicos coruñeses. Zalaeta dirixiu e amenizou a gala cos bailes preparados en E.F. na segunda avaliación e co preparado na actividade de baila da ANPA. Foi unha xornada moi divertida". Organizou todo Lingua castelá e Biblioteca.

Máis información no Video Gala Dado

Biblioteca 2.0

 

Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia

Os alumnos do noso instituto inauguraron cunha peza xaponesa o Vlll Encontro de alumnos de música de secundaria de Galicia. A xornada organízouna un grupo de docentes entusiastas, pertencentes á Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia, ASOMUSICA. No encontro participaron 15 centros públicos de toda Galicia. 

Enlace crtvg

RAFTING

Esta semana alumnos de 3º, 4º da ESO e de 1º de BAC, participaron na actividade de Rafting. 

PARÍS 2018-2019

Os alumnos do noso centro realizaron unha viaxe a París do 30 de marzo ao 3 de abril. Subiron a Torre Eiffel, paseo polo Sena,...

Google Maps corrixido para A Coruña_ Proxecto do alumando de Tecnoloxía

Google Maps corrixido para A Coruña

Alumnos de terceiro de Secundaria do Menéndez Pidal participan no Galiciencia cun proxecto que optimiza a información da aplicación sobre os roteiros da cidade

gemma malvido 24.04.2019 | 23:33

Google Maps corrixido para A Coruña

Miden o tempo que lles leva ir dun lugar a outro da cidade, fanno andando, no autobús e, coa axuda das súas familias, tamén en coche. Miden o tempo, pero tamén o custo e deciden cal é a fórmula máis sustentable. Para ir ao estadio un día de partido, téñeno claro: sempre a pé, se é dentro da cidade. Son alumnos de terceiro de Secundaria do instituto Menéndez Pidal, de Zalaeta, e levan traballando nesta idea desde o inicio do segundo trimestre. Entre o 8 e o 10 de maio, o proxecto ideado por Daniel Novoa, Anxo Blanco e Iván Pérez, participará no certame Galiciencia, en Ourense.

Un concurso no que competirán 50 iniciativas creadas por estudantes galegos para o fomento da saúde dos bos hábitos. Nesta edición presentáronse 134 equipos, o récord na historia do Galiciencia.

"Decatámonos de que Google Maps ten moitos erros, se lle poñemos que queremos ir desde o instituto en coche até, por exemplo, a rúa Real, di que tardamos nove minutos pero, en realidade, podemos tardar vinte, dependendo das condicións. O que tratamos é de corrixir a Google Maps en certas distancias e tempos que pon. Desde Monte Alto á rúa Real pon doce minutos a pé, pero nós atopamos un camiño moito máis curto, un atallo para chegar antes", comentan Iván Pérez e Anxo Blanco, que son, como Daniel Novoa, alumnos de Paz Freire e membros do Club de Ciencia e Tecnoloxía. Este traballo, que lles gustaría que se convertese no futuro nunha aplicación de móbil que estivese nos petos de todos os veciños, fórono desenvolvendo nos recreos, nas reunións do club e tamén no seu tempo libre fóra das clases.

"Con isto pretendemos tamén fomentar o uso do transporte público", comenta Anxo Blanco, que avoga por que as distancias curtas, as inferiores a tres quilómetros, se fagan sempre a pé, xa que resulta máis rápido e, desde logo, máis barato e menos contaminante e, a partir dos tres até os seis, "o mellor é o bus", xa que é menos contaminante, iso si, non sempre hai esta opción, xa que polas noites só funciona unha liña.

"No caso do estadio, por exemplo, igual no coche chegas antes, pero se tes que buscar onde aparcar ou se, ao combustible lle sumas o aparcamento, xa non compensa", explican.

Unha das cousas que máis lles sorprendeu mentres facían este traballo era "que Google Maps se equivoca moito máis" do que pensaban e, tamén, que hai "moito que mellorar" no transporte público metropolitano, sábeo ben Iván Pérez, que vive en Carral e vai en autobús ao instituto. Pouco a pouco, tarde a tarde, van completando o mapa de roteiros da cidade. Por ver canto tardaban foron camiñando desde o Coliseum ao instituto e, agora, planean chegar até Os Rosales, unha zona que non teñen moi estudada aínda. Se gañan este premio, recibirán mil euros para financiar a súa participación na meirande feira científica a nivel estatal, que se celebrará en Barcelona.

Mural no exterior do centro realizado polos alumnos da Escola Pablo Picasso

A semana anterior á Semana Santa os alumnos da Escola Pablo Picasso realizaron un mural no exterior do noso instituto. O tema que reflexan nel é a Expedición da varíola e Isabel Zendal segundo lles pedimos e o resultado cremos que é de aplauso. Parabéns e todo o noso agradecemento ao profesorado e alumnado desta Escola que nos axudou a seguir mellorando a nosa contorna.

Twitter- Voces de A Coruña : Arranca la pintura del mural de Isabel Zendal en el muro del Ies Zalaeta

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer