Resultado de imagen de logo fse en galego     

blogue deZalaeta

Convocatoria becas comedor curso 2019-20

O 17 de abril de 2019, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

 O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio de 2019, ambos os días incluídos.

 Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais, ou na páxina web da sede electrónica https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).">

 As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Listaxe axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

 As listaxes correspondentes ao dispostono artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva(DOG do 20/02/2019).

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

 

PINTADO DOS MUROS DO INSTITUTO

Os alumnos do instituto xunto cos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e coas axudas da Fundación Voz Natura, Paideia, Arquitectos Sen Fronteiras, Concello, Asociación Vecinal de Monte Alto, Universidade da Coruña, Asociación Cultural Zalaeta e a Consellería de Educación, promoveron cos alumnos un lavado de cara. A temática é sobre Isabel Zendal e a súa misión filantrópica da vacuna da varíola. 

A Voz de Galicia.

HORTO EN PRIMAVERA

Esta semana os alumnos de 1º ESO co seu profesor de bioloxía David estiveron traballando no horto con plantas aromáticas, medicinais, culinarias e ornamentais

Colocouse un composteiro que se utilizará na semana da froita.

Calendario do proceso de admisión das probas libres de títulos de FP LOE Convocatoria: curso 2018-2019

Calendario para a admisión para as probas libres segundo o establecido na Orde do 5 de abril de2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superiorde ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación. 

Solicitudes

Presentación de solicitudes

15 ao 30 de abril ata as 13:00 h

Listaxe Provisional de solicitudes

6 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional

7 ao 9 de maio ata as 13.00 h

Listaxe definitva de solicitudes

15 de maio

Admisión  e matrícula

Listaxe de personas adxudicadas

15 de maio

Matriculación

15 ao 22 de maio ata as 13.00 h

Liberados e adxudicación continuada

24 ao 31 de maio ata as 13.00

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27533

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer