Para conmemorar o Día Internacional do Libro decidimos facer que colaborasen todos los cursos da ESO en diferentes proxectos para gozalos todos.
Así, en 1º de ESO levouse a cabo o deseño e a posterior elaboración física de marcapáxinas con citas de autores e autoras que inspiran ao noso alumnado.
En 2º da ESO realizamos un photocall. Grazas ao departamento de Debuxo e ao alumnado de Deseño de 2º de Bacharelato puidemos festexar este día cun libro xigante onde o noso alumnado de 2º de ESO dispuxo citas de autores e autoras, así como debuxos. O alumnado de 2º de ESO tamén foi o creador de carteis cos que puidemos sacar algunha foto para lembrar este día.
O alumnado de 3º de ESO compartiu as súas mellores lecturas mediante a creación dunha reseña literaria daqueles libros que máis lles gustaran, mentres que o alumnado de 4º de ESO aproveitou a súa faceta máis creativa para elaborar manualidades relacionadas con esta conmemoración: rosas de papiroflexia, anxos de papel, etc.
Na biblioteca do noso centro tamén se expuxeron os traballos de lectura do segundo trimestre feitos por algúns alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO. Menuda creatividade teñen!
Ademais diso, algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO participarán na primeira edición do certame ‘Mi libro preferido’.
Moita sorte a todas as persoas participantes!