Skip to Content

AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024

Comunicado Urgente sobre las Becas del Ministerio de Educación – FEDIS

 

 

O Ministerio de Educación ven de convocar as  axudas para alumnado con Necesidade Específica  de Apoio Educativo  de cara ao vindeiro curso 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes vai do 30 de abril  ao 13 de setembro de 2024.

As axudas van dirixidas a:

  1. Alumnado con Necesidades Educativas Especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe.
  2. Alumnado con Trastorno por déficit de atención por hiperactividade asociado a discapacidade ou trastorno grave da conduta ou da comunicación e a linguaxe.
  3. Alumnado con Trastorno do Espectro Autista.
  4. Alumnado con Altas Capacidades.

Como novidades nesta convocatoria de 2024, destacar que o umbral de renda familiar requerido para percibir a axuda baixou un 5%, e que tamén se rebaixou do 33% ao 25% o grao de discapacidade que deben ter os solicitantes.

Mantense o  subsidio de 400€ para axudar ás familias do alumnado con NEE nos gastos da vida cotiá.

Pinchando na imaxe teredes acceso ao sitio web dende o que formular a solicitude.

Toda persoa que precise asesoramento, pode acudir ao Departamento de Orientación.



page | by Dr. Radut