XA ESTAN EN MARCHA DIFERENTES ACTIVIDADES NO LOSADA

Despois dun curso 2020-2021 moi complicado, este ano comezamos o curso coa posta en marcha de diferentes actividades, camiñando pouco a pouco cara a normalidade.

A Biblioteca xa deu comezo ao proxecto dos Clubs de Lectura, que este ano serán cinco diferentes con máis de 50 rapaces e rapazas participantes. Aí que da unha imaxe de mostra.

Tamén a iniciativa da Biblioteca, e do EDL tivo lugar un certame de deseño para a elaboración de marcapáxinas con motivo da celebración do día das bibliotecas, o pasado 24 de outubro. No blog da biblioteca podes ver máis imaxes e información sobre estas actividades.

E tamén iniciou os seus ensaios a Aula de Teatro Avelaíñas, que todos os martes xunta a perto de 40 rapaces e rapazas que neste curso están dirixidos polo actor e monologuista Fran Campos.