Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




EDNL

Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística

EN GALEGO SABE MÁIS!

     EN GALEGO SABE MÁIS!

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Lamas de Castelo desenvolveu unha campaña de normalización na hostalaría baixo o lema En galego sabe máis! para fomentarmos o uso da nosa lingua neste ámbito .

Por este motivo achegámoslle un paquete con material que podía ser de grande utilidade:

  • Un pequeno Vocabulario de Hostalaría”, coa intención de que poida ser unha ferramenta para a confección de cartas, publicidade e documentación no noso idioma. Deste xeito, pensamos, será máis completo o servizo que restaurantes e bares ofrecen aos visitantes e clientes.

  • Un mandil co lema da campaña En galego sabe máis!

Desexando que este material poida ser de utilidade, poñéemos tamén esta documentación en PDF para descargar.

Vocabulario de hostelaría

Coordinadora Galega de EDNL

      AS LINGUAS SUMAN

Información moi interesante para o alumnado, AMPA e, en xeral, para toda a comunidade educativa.

http://www.coordinadoraendl.org/

Slogans

No currículo de Lingua e Literatura Galegas de 1º ESO figura a análise e creación do SLOGAN. Por isto, o alumnado deste curso elaborou un slogan que tiña como tema central a nosa lingua. Estes son algúns dos resultados: 
   
 
 
   
 
 
   

Belén Regueira

Belén Regueira, xornalista e presentadora de “O País dos Ananos” da TVG, gañadora do Mestre Mateo á Mellor Comunicadora do 2008.

“Durante o noso traballo démonos conta que hai moitos nenos entre 6 e 12 anos que non saben falar galego. Non é que o saiban máis ou menos, ou que teñan unha actitude máis ou menos positiva. É que non o saben porque non llelo aprenderon nin na casa nin na escola. Esto non se escoita en ningures pero, credeme, eu seino. E se algo teñen os cativos é capacidade de comprender. E sería triste que os grandes decidiramos por eles que saber galego é un coñecemento prescindible, no que non é necesario chegar a excelencia ou quita tempo para outras cousas. O coñecemento sempre suma e é o coñecemento e non o descoñecemento o que nos fai libres e só quen sabe pode escoller. Todos estamos dacordo na total capacidade dos nosos nenos en falar con total capacidade en galego, en castelán, en inglés e en calquera das linguas que lle queiramos aprender…pois aprendamosllelas, de verdade”

http://www.youtube.com/watch?v=NYH_Pltivpo

Exeria.net

Aplicación para unha linguaxe non-sexista.
Exeria
Escribe no cadro inferior o termo a buscar no Exeria:

Que é Exeria? | Como se utiliza | Glosario | Descargar Exeria | Caixa de suxestións

A Vicepresidencia do Goberno da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información, poñen a disposición das galegas e dos galegos unha nova ferramenta informática integrábel no paquete ofimático libre OpenOffice que ten como finalidade o uso dunha linguaxe non-sexista: ofrecendo unha axuda interactiva para a edición de textos que reflictan un tratamento igualitario da linguaxe e favorecendo, deste xeito, o cumprimento dos obxectivos do V Plan do Goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes 2007-2010. [Ler máis]

E ti de quen es?

Recollida do noso patrimonio inmaterial

 

 

E ti de quen es?

O IES Lamas de Castelo, desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e en colaboración co Dpto. de Lingua Galega e Literatura, está a organizar un traballo de recolla de alcumes das casas do concello de Carnota co fin de rexistrar este patrimonio inmaterial e fomentar no alumnado o respecto e promoción cara a estes alcuños que aínda hoxe se manteñen vivos como sinais da nosa identidade.

O alcume ou alcuño é un sobrenome, usado en troques do nome e, moitas veces, máis coñecido que o mesmo nome. En Galiza hai unha longa tradición de alcumes, e poucas deben ser as familias que non o teñen ou tiveron; moitas veces está referido a unha particularidade da persoa ou da familia, sendo posible un derivado do lugar de nacemento, característica física, a profesión do pai ou da nai etc.

PASOS PREVIOS:

  • Elaboración dun plano aéreo do concello de Carnota a partir das imaxes do sixpac.

  • Distribuír en zonas todo o alumnado do Centro (1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºC e 4º).

  • Escoller un coordinador/a de zona e dar as directrices para poñer en marcha o proxecto.

LABOR DO COORDINADOR/A:

  • Combinar co grupo e dividilo por áreas atendendo ao lugar de residencia.

  • Elaborar un mapa por área e entregárllelo aos compañeiros para que numeren as casas e poidan comezar a recoller información na ficha correspondente.

  • Informar os compañeiros/as acerca do traballo que deben desenvolver, isto é, recoller os alcumes das casas e a súa (posíbel) orixe.

  • O coordinador/a fixará unha data de recollida da documentación recompilada polo grupo.

  • Facer un baleirado de datos na táboa.

ENTREGA DO TRABALLO:

Os colaboradores deben entregar os mapas numerados, as fichas de recollida de información e as táboas.

O traballo debe entregarse antes do 7 de marzo de 2009.

Calendario 2009

Para crear este almanaque fixemos unha selección entre os (auto)retratos que os alumnos e alumnas do Centro presentaron ao concurso convocado polo Dpto. de Educación Plástica e Visual e o EDNL.

Esperamos que máis de un vos sintades identificados.

 

QUEN QUERES QUE SOE NA RADIO? (Para votar debes entrar como usuario/a)

Distribuir contido


by Dr. Radut