Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Noticias internas

internas

Día escolar da Paz - 2012

O 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar pola Paz e a Non Violencia e, desde a biblioteca, queremos animarvos a participar de novo nesta celebración.

Convocamos un CONCURSO DE CARTEIS POLA PAZ no que toda a comunidade educativa puido participar. Logo do fallo colgamos aquí os carteis.

Se queredes máis información, podedes consultar a páxina do Seminario Galego da Educación para a Paz.

No blog da Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia tedes unha relación de materiais seleccionados por distintas bibliotecas galegas. Impresionante tamén a recompilación de materiais que nos ofrece Asunción desde o CEIP de Mazaricos.

Graciñas a todas estas persoas que comparten o seu traballo!

Excursión de fin da ESO - 2012

O alumnado de 4º de ESO vai de viaxe a Londres do 25 ao 29 de marzo.

Partido de fútbol feminino

Partido pro excursión de 4º - Sábado 11 de febreiro

O sábado 11 de febreiro ás 16:30, e grazas á colaboración do Concello de Carnota, celebrarase no campo de Lombáns un partido de fútbol feminino entre o Carnota e o Cee. O prezo da entrada será de 2 euros (os menores de 12 entran de balde). No descanso do partido celebrase o sorteo dunha cesta.

Noticias internas

Noticias internas



  • Abril

    • Luns 4: Concerto pro excursión

    • Martes 5: Ponteceso (1º e 2º)

    • Domingo 10 a xoves 14: Viaxe de 4º a Berlín

  • Maio

    • 2-6: Xornadas culturais

    • 11: Encontro co ilustrador Anxo Fariña (1º e 2º)

Distribuir contido


by Dr. Radut