Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Complementarias e extraescolares

Antroido 2012

O Antroido celébrase o venres 17 nas últimas tres horas de clase.

Entroido en Lamas

 

 

 

 

 

Non son lectivos o luns 21, o martes 22 e o mércores 23.

Excursión de fin da ESO - 2012

O alumnado de 4º de ESO vai de viaxe a Londres do 25 ao 29 de marzo.

Partido de fútbol feminino

Partido pro excursión de 4º - Sábado 11 de febreiro

O sábado 11 de febreiro ás 16:30, e grazas á colaboración do Concello de Carnota, celebrarase no campo de Lombáns un partido de fútbol feminino entre o Carnota e o Cee. O prezo da entrada será de 2 euros (os menores de 12 entran de balde). No descanso do partido celebrase o sorteo dunha cesta.

Excursión de fin da ESO - 2011

O alumnado de 4º de ESO vai de viaxe a Berlín do 10 ao 14 de abril. Este é o caderno de viaxe que levarán.

Concerto pro excursión de 4º - Luns 4 de abril

O luns 4 de abril a partir das 19:00 haberá un concerto para recadar fondos para a excursión de fin de etapa, que este ano será Berlin os días 10 a 14 de abril. Este concerto está organizado en colaboración coa Escola Municipal de Música de Carnota. Celebrarase no salón de plenos do Concello de Carnota, a aportación será de 3 euros (menores de 12, gratis) e tamén se sorteará unha cesta chea de sorpresas.

Xornadas culturais 2010

As xornadas culturais do curso 2009/10 terán lugar na semana do 3 ao 7 de maio. O xoves e venres coincidirá co intercambio co IES de Tomiño.

Programación

  • 1ºA
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 2ºA
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 2ºB
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 3ºA
  • 4ºA
  • 4ºB

Excursión de fin da ESO - 2010

O alumnado de 4º de ESO vai de viaxe a Londres entre o 9 ao 14 de abril. Este é o caderno de viaxe que levan.

O domingo a noite, xunto co IES Fontexería, realizarán un xogo de orientación. Partindo de Leicester Square e con meta en Piccadilly Circus, deberán realizar unha serie de probas. Existen nove roteiros distintos:

Team A Team B Team C
Team D Team E Team F
Team G Team H Team I

 

Concerto pro excursión de 4º - Xoves 11 de marzo

Concerto pro excursión de fin de etapaO xoves 11 de marzo a partir das 19.30 haberá un concerto para recadar fondos para a excursión de fin de etapa, que este ano será a Londres os días 9 a 14 de abril. Este concerto está organizado en colaboración coa Escola Municipal de Música de Carnota.

Celebrarase no salón de plenos do Concello de Carnota, a aportación será de 3 euros (menores de 12, gratis) e tamén se sorteará un reprodutor de música. Ademais das actuacións musicais representarase tamén unha obra de teatro.
Programa do concerto

Exposicións

Durante o mes de xullo -e nas primeiras semanas de setembro- pódense visitar dúas exposicións no instituto:

No ximnasio.

Segunda pel

Esta instalación de Nando Lestón utiliza árbores queimadas para contribuír a pór en valor o noso patrimonio natural. Ilústrase con fotografías e un vídeo.

 


Ligazóns a artigos sobre a exposición en:

La Voz de Galicia

compostelacultura.org

A Nosa Terra

Consellaría de Cultura e Deporte

Na entrada ao instituto.

As nosas lecturas preferidas

Unha colección de recomendacións de lectura realizadas polo profesorado do IES Lamas de Castelo.Libros que nos influíron ou que consideramos importantes, cun fragmento, unha presentación do/a autor/a e os nosos comentarios.

Para animar a ler, tamén no verán.


  Horario: Luns a venres, de 10:00 a 13:00.

O Gran Quiz

Martes 17 - as preguntas

 

Estás disposto/a a gañar nun concurso parecido a El Gran Quiz de Cuatro? Velaquí tes as preguntas coas suas respostas - así de doado - e o venres poderás participar no Gran Quiz. Hai dous ficheiros con preguntas:

Venres 20 - O Gran Quiz

Distribuir contido


by Dr. Radut