Orientación

CHARLAS PARA AS FAMILIAS

 

 

 

Comezamos o ciclo de charlas destinadas ás familias , organizadas polo Departamento de Orientación do IES Lamas de Castelo.

 

BENVIDOS AO IES LAMAS DE CASTELO

Ola a todos/as,

Dende o IES Lamas de Castelo queremos anticipar a acollida do alumnado que o vindeiro curso comezará 1º ESO no noso centro, a través desta presentación virtual.

Con ela pretendemos achegarnos a vós e ás vosas familias dun xeito diferente aos cursos anteriores, por mor da situación sociosanitaria.

Esperamos que o vindeiro mes de setembro poidamos vernos de xeito presencial e aclarar tódalas vosas dúbidas.

Namentres, bo verán a todos/as!

 

 

PÁXINAS WEB RELACIONADAS COA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Aquí vos deixo algunhas páxinas web de interese, relacionadas coa orientación académica e profesional.

ÁNIMO NA RECTA FINAL!

 

O IES Lamas de Castelo "aposta" por un ocio saudable

Unha das actividades previstas para a semana cultural deste curso 2019-2020, que tivo que ser suspendida pola pandemia da Covid-19, era a charla do noso veciño de Muros Santiago Caamaño, na que ía relatar a súa experiencia como ludópata rehabilitado coa finalidade de sensibilizar a toda a comunidade educativa  contra estoutra pandemia.
Santi accedeu á nosa proposta de dirixir unhas palabras ás familias e alumnado do noso centro, as cales como el mesmo comenta, pretenden ter un carácter preventivo ante a nova situación que estamos a vivir.
Debemos lembrar que é moi importante extremar as medidas de prevención, especialmente en nenos/as e adolescentes ante o dano que pode provocar este tipo de ocio baseado na aposta de diñeiro e tan facilmente accesible vía online.

Moitísimas grazas Santi pola túa colaboración.
Esperamos contar contigo de xeito presencial, o vindeiro curso.

Desde o IES Lamas de Castelo tamén che enviamos moitos ánimos!

 

VÍDEOS DAS XORNADAS VIRTUAIS DE ORIENTACIÓN NA UDC

 

Tal e como vos informei no mes de abril, a USC celebrou as súas Xornadas virtuais o pasado 23 e 24 do citado mes.

Para quen non puido conectarse, deixo un enlace a tódalas videoconferencias dos graos organizados por ramas de coñecemento, tal e como volas expliquei (ao alumnado de 4º ESO), nas sesións de orientación académica impartidas antes do confinamento.

Enlace para acceder:

 

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/graos/

 

CHARLA: "DO INTERIOR DA MATERIA AO CORAZÓN DAS ESTRELAS"

Bo dia,

Para a Semana Cultural estaba prevista no noso IES unha charla titulada: " Do interior da materia ao corazón das estrelas".

Pola imposibilidade de poder facela de xeito presencial, o Programa "A Ponte entre eo ensino medio e a universidade"  ofrecerá esta charla a través de videoconferencia, o vindeiro xoves 28 de maio, ás 16:00 horas.

 

Aquí vos deixo o enlace para seguila:

 
 
No mesmo enlace tedes acceso a outras charlas interesantes.

GUIA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA 2020-2021

Hoxe comparto unha nova edición da GUIA DE ESTUDOS SUPERIORES EN GALICIA 2020-2021, que publicou onte A VOZ DE GALICIA.

Nela podedes atopar tódalas novedades nos estudos superiores que se poderán cursar na nosa comunidade a partires de setembro.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

 

 

 

ENTRE ESTUDIANTES

A revista "Entre estudiantes" publicou de xeito gratuito o seu número de abril, que podes consultar cómodamente dende a túa casa.

No sumario podes atopar: artigos de opinión, novas, novos graos universitarios, títulos de formación profesional de grao superior, reportaxes e un listado de libros para ler na primavera.

PREME NA IMAXE e disfruta da lectura!

 

ADOLESCENTES E USO SAUDABLE DAS PANTALLAS (RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS)

Nesta ocasión comparto unhas recomendacións claras, concretas e útiles para o día a día, que  poden axudar a xestionar o uso que nenos/as e adolescentes fan das pantallas durante estas longas semanas de confinamento.

Saudiños!

IGAXES ANTE A EMERXENCIA

Estimadas familias,

O confinamento prolongado pode poñer a proba o clima familiar e a saúde emocional de calquera de nós.

A ONG IGAXES abre un canal de atención a familias con nenos/as (calquera que sexa a súa idade), durante a emerxencia.

Se o precisades, podedes chamar ao 606089054, ou enviade un whatsapp de luns a xoves (de 9:00 a 19:00 h) e venres (de 9:00 a 15:00h).

Tamén podedes escribir un correo electrónico a familias@igaxes.org

Para maís información: https://www.igaxes.org/es/abrimos-canal-de-atencion-a-familias-con-hijos-e-hijas/

 

Se lembrades, o pasado mes de febreiro dúas técnicas desta ONG estiveron no IES impartindo unha charla para as familias,  titulada: "Educación afectivo-sexual na era da nova pornografía".

 

 

 

Distribuir contido