Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Club de lectura

Club de lectura BD: visita dos autores Manel Cráneo e Brais Fierro no Lamas de Castelo!!

Encontro cos autores da banda deseñada Roxín Roxal

27 de abril - Biblioteca escolar 

Club de lectura

 

Pícnic de peche dos Clubs de Lectura da Biblioteca Escolar

Aproveitando os derradeiros días do curso, dende a Biblioteca Escolar desexabamos realizar unha convivencia especial como acto de peche dos Clubs de Lectura deste curso 2022-23.

 (Enlace á autorización)

A actividade consistiu en quedar a comer no centro o luns 19 de xuñode 202entre as 14:10 e as 16:20, e nela compartimos comida e charlas arredor dos libros e bandas deseñadas que lemos este curso. A idea era comer algo lixeiro, aproveitar ao máximo o tempo para charlar das nosas lecturas. Con esta actividade clausuramos a actividade dos clubs deste curso.

A biblioteca puxo a pizza, auga e limonada, as profesoras trouxemos empanada de atún e tarta de queixo, e o alumnado que quedou trouxo un pouco de todo: ensaladilla, nuggets de polo, flan de queixo, mix de mini-hamburguesas con patacas... Esta foi a primeira vez que se permitiu e se viu comida na nosa biblioteca... e non puidemos acabar con todo!

 

 

 

ROXÍN ROXAL. A DAGA DO CONDE, de Brais Fierro e Manel Cráneo (Demo): El  nacimiento de un héroe de leyenda.

Celebramos o Día do Libro cun encontro cos autores da banda deseñada Roxín Roxal

 Una xornada de cómic en Carnota e Louro

Onte xoves 27 de abril tivemos o pracer e a honra de recibir na nosa biblioteca a Manel Cráneo e Brais Fierro, guionista e ilustrador, respectivamente da banda deseñada Roxín Roxal: A daga do conde, de DEMO editorial.  Esta actividade foi planificada a raíz da existencia do club de lectura BD, e foi posta en marcha pola Bibliolamas (ver cartel promocional), pero en coordinación co CEIP Plurilingüe de Louro (cartel) e a Librería Chorima (cartel). Realizáronse obradoiros e charlas nos dous centros educativos, rematando cunha sesión de sinatura de exemplares na praza de Galicia, diante da librería, e charla informal cos autores.

Cobertura do evento na prensa, antes e despois do evento: Quepasanacosta.gal

 

 

Clubs de lectura 2023: Os Lectores na Bibliolamas queremos seguir lendo!

Curso novo, comenzado, e... seguimos querendo xuntarnos nos recreos e na Biblioteca para ler e compartir as nosas ideas, opinións, gustos, filias e fobias arredor dos libros. Estes son os temas previstos para este curso:

Ficha informativa e de inscrición persoal

Descrición de cada club de lectura

 

 

 

Animádevos e apuntádevos ao club que máis vos guste!!

 

 

 

 

Partida orzamentaria do Club de lectura Lectores na Bibliolamas do ano 2023: (Ver Informe final de xuño'23)

 

 

Clubs de lectura 2022: Lectores na Bibliolamas

Este curso, empezamos a actividade propoñendo varios clubes de lectura. Reunímonos en diferentes recreos, na Biblioteca, para ler e compartir opinións sobre lecturas de diferentes temáticas. Para iso, aproveitamos para renovar a colección, tendo en conta as temáticas que mantivemos activas durante o curso, o que podedes visualizar directamente, dentro da nosa biblioteca online.

 

 

Martes de feminismo, igualdade e identidade

Os martes van ser moi feministas na nosa Biblioteca... Estamos a ler fragmentos seleccionados de obras diversas relacionadas co tema, como por exemplo:

Preselecº materiais CdL FEMINISMO.pdf

ClublecturaFEM-Textos .pdf

Para darlle inicio ao club, escollemos algúns relatos do libro Libres e vivas, en concreto o de Berta Dávila, titulado "Señoras e piscinas".

Analizamos algúns poemas de Penúltimas tendencias de Carlos Negro, que nos deron xogo para írmonos iniciando nestes temas.

Preténdese que, ademais de analizar esta temática, presentar distintos tipos de texto, dos diversos xéneros literarios así como outros que poidan proceder da prensa, as redes sociais, da publicidade...

Todos deberíamos ser feministas (Literatura Random House) : Ngozi Adichie,  Chimamanda: Amazon.es: Libros Non podía faltar a lectura deste título, que xa é un clásico entre os textos feministas. Un texto moi claro que merece recoñecemento e difusión. Nós temos na nosa biblioteca as dúas versións do libro: en galego e en castelán. Porén, para ler entre os membros do club, escollemos a versión galega, de Sushi books. Todos teníamos que ser feministas (SUSHI BOOKS - GALL) : Chimamanda Ngozi  Adichie, Chimamanda Ngozi Adichie: Amazon.es: Libros
 Identidade. "A normalidade do non-común": 122 (Costa Oeste) : Barros  Fernández, Nee: Amazon.es: Libros Máis lecturas: a obra Identidade, de Nee Barros, coa que aproveitaremos para afondar neste tema que precisa tamén de difusión, debate, pero por riba de todo iso, de "normalización" no sentido de aceptación. Ademais, é unha boa maneira de achegármonos ao xénero teatral.  

Editorial Galaxia | Nee Barros FernándezEncontro en persoa con Nee Barros

Este mércores 18 de maio teremos a visita de Nee Barros, autor do que lemos o libro Identidade, para charlar e intercambiar opinións con el. O encontro terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Carnota.

 NeeBarros-info.pdf

Estes son os horarios:

1º)  charla-coloquio en pequeno grupo xunto aos membros do Club de Lectura de Feminismo e identidade, de 12:30 a 13:20;
2º)  charla común para todo o alumnado do centro, de 13:20 a 14:10.

 

Coa colaboración de:   

  •  Reseñas do noso encontro con Nee Barros nos medios:

O Correo do Barbanza (El Correo Gallego): Coloquio con Nee Barros en Carnota  Que Pasa Na CostaNee Barros afondou sobre a Identidade trans co alumnado de Carnota         

  •  Despedida do Club de lectura de Feminismo...: 

    No último martes do curso xuntámonos na biblioteca para facermos unha valoración conxunta do mesmo. Todos e todas quedamos contentas coa existencia do club e coa nosa participación no mesmo.

     

    Contamos coa rapazada para o ano que vén, pero non temos a certeza de que Lucía, Noelia e Marián volvan para o centro. De volverdes, aquí vos agardamos cos brazos abertos para seguirmos compartindo lecturas neste espazo de loita polos nosos dereitos! Grazas pola vosa  participación e lede moito no verán!!!

   

Os xoves... Lemos ciencia!

 As reunións dos amantes da lectura de revistas, libros e artigos científicos empezamos reuníndonos os mércores. Pero cambiamos aos xoves, para que os profes encargados do Club de Ciencia do centro poideran tamén asistir.

  • 1ª ronda de lecturas: revistas Muy Interesante

Comenzamos aproveitando a subscrición da biblioteca escolar a esta revista, escollendo varios números segundo as preferencias persoais de cada un, para logo comentar que artigo-s nos interesaron. As escollidas foron estas:

Pin en Revistas Biblioteca Municipal de Aguilar de la Frontera (Córdoba): Muy Interesante, nº  473 2 3  4  6

 2- Muy Interesante, nº473. Hai artigos sobre: as adiccións, a formación da linguaxe, o metano no cambio climático, a misión espacial Mars2020... Destaco as páxs. 26-33: ¿Seguimos evolucionando? onde se detallan vantaxes evolutivas que teñen certos humanos do planeta, por exemplo, os inuits teñen o metabolismo diferente e poden vivir comendo tan só focas e pescado, sen vexetais! (nós non poderíamos). 

3- Muy Interesante, nº480. Collera a revista polo título, que me pareceu prometedor. Porén, dos artigos que más me chamaron a atención foron dous da reportaxe "A fondo" do interior: "La amenaza invisible de los microplásticos" e "El sueño de los microbios comeplásticos".

4- Muy Interesante, nº477. Moitos dos artigos son máis que interesantes. Pero nós, como curiosidade,  quedámonos co experimento proposto nás páxinas 52-53: facer unha pompa de xabrón cadrada!

  • 2ª ronda: Lectura de libros divulgativos. Neste caso, cada un dos compoñentes deste clube seleccionou un libro de divulgación científica, tamén segundo os seus gustos, dentro do que tiñamos nos fondos da biblioteca. Tamén se adquiriron novos títulos, a petición do profesorado do Club de ciencia que nos acompaña.
Que las matemáticas te acompañen! (Ariel) : Grima Ruiz, Clara, García  Ulldemolins, Raquel: Amazon.es: LibrosD., que leu este libro, déixanos a súa reseña:

"O libro é un compendio de aplicacións das matemáticas a problemas cotiáns (ás veces non  tan cotiáns pero non faltos de visión real) que están contados dun modo non "tan matemático" como divulgativo, e que en moitos casos, afondan en temas que vemos no día a día tanto nas redes sociais como nas nosas decisións diarias."

La ciencia del chup chup - Elena Sanz,Kim Amate | PlanetadeLibrosR., que leu este libro, di del:

Se cadra, de primeiras espéraste un libro máis "científico", pero a medida que vas lendo, atopas un excelente libro que une á perfección relatos sobre receitas, recordos dunha aboa cociñeira amorosa, e a explicación científica que hai en cousas do comer que todos coñecemos, como o punto perfecto do arroz, o callado dos ovos dunha tortilla de pataca, ou o encurtido das olivas.

La evolución de Calpurnia Tate : Jacqueline Kelly - Roca LibrosReseña de L, que leu esta novela: 

Calpurnia é unha nena de case 12 anos que vive en Texas en 1899. Ela, co pesar da súa nai, está decidida a estudar e coñecer os animais e plantas que rodean a súa casa e coa axuda do seu avó vaise convertindo nunha científica formidable. Este libro feminista, que é unha viaxe no tempo, desperta a paixón pola bioloxía. 

Estrellas. Una guía práctica sobre las principales constelaciones: 41  (Astronomía) : Westmoquette, Mark, Bevia Villalba, Herminia: Amazon.es:  LibrosExplica de forma moi breve a fascinante mitoloxía asociada ás constelacións estelares máis coñecidas. Abrangue principalmente as culturas grega e romana, pero tamén aparecen outras como a chinesa. Despois de lelo, vese o ceo doutra forma e axúdache a entender cómo pensaban os nosos antepasados.

Eureka!: 50 descubrimientos científicos que cambiaron al mundo eBook :  Vidal, Rocío: Amazon.es: Tienda KindleP., que leu este libro, cóntanos: 

El libro ¡EUREKA! es un libro sobre descubrimientos que cambiaron el mundo del uso, teoría y práctica cientifica.  Se divide en múltiples capitulos sobre diferentes descubrimentos cientificos a lo largo de la historia.  Los últimos dos cápitulos son sobre el Bosón de Higgs en la página 186 y el CRISPR en la página 191.

El Bosón de Higgs es una partícula fundamental en la teoría cientifica.  Es una particula hipotética que se basa en la existencia en partículas sin masa como los fotones.  Se usa para explicar la existencia de la masa.  Este capítulo explica este funcionamiento y la importancia que tiene en la creación de modelos átomicos.  También explica algo sobre cómo Peter Higgs ideó el mecanismo de Higgs.  Además de esto, explica un dato curioso sobre el nombre que tiene en inglés y su origen (y la mala traducción al español).

Si venimos del mono, ¿por qué somos tan cerdos?: Y otras preguntas  interesantes, locas, frikis y descacharrantes de la ciencia… y sus  alrededores (Fuera de colección) : Big Van, Científicos sobre Ruedas:

  • 3ª ronda de lecturas arredor da ciencia: libro informativo en galego. Nesta "ronda" fomos lendo por turnos según dispoñibilidade, estes pequenos libriños, de Lela edicións e Baía edicións.

    Opinións

  • R.: Foi agradable poder ler rapidamente e dun tirón uns libriños informativos e en galego. Moi curioso o enfoque da vocación científica das xemelgas Fernández de la Vega, enfiado con datos históricos e científicos. Moi meritorio (e pouco recoñecido) o talento e a visión de Ángela Ruíz Robles. Pero dos 3, co que máis gocei, foi con Un Ronsel de Ardora, a historia de Ángeles Alvariño, e máis en concreto con todos os debuxiños das especies de zooplancto das contracapas.
  • A D. o que máis lle gustou foi O valor das ideas: a precursora do libro electrónico. Velaquí o seu resumo:
    "Un libro donde nos presentan a una mujer que luchó por dar una mejor educación dentro de las dificultades que se encontraban en la época en que transcurre su vida, y que propicia que cree lo que sería el precursor del libro electrónico. Son pequeñas pinceladas de lo que fue su camino en la vida, y un final donde una de sus biznietas hace una reflexión sobre la educación y  cómo evolucionó el inventó hasta nuestra época, tanto a nivel tecnológico como en su uso cotidiano."

 

Desmontando o corpo, construíndo a ciencia O valor das ideas: a precursora do libro electrónico.: Pequena biografía de  Ángela Ruiz Robles. (Mulleres galegas) : Serantes López, Arantxa, Solla  Fernández, Tania: Amazon.es: Libros Mujeres Con Ciencia on Twitter: ""Un ronsel de ardora" y "O valor das ideas:  a precursora do libro electrónico" Dos preciosas propuestas de  #LelaEdicions que hablan de Ángeles Alvariño y Ángela Ruiz

Club de Lectura de BD 2022: BD= Banda deseñada

Neste grupo, estivemos xuntos lendo todo tipo de cómics alumnado de 1º, 2º, 3º e a profesora de francés/ coordinadora da Biblioteca. (Bueno, por poder, tamén poderiamos incluír ao conserxe... lástima que non poida acompañarnos nas nosas reunións nos recreos!) 

Velaquí un recopilatorio de títulos lidos, por lectores (cada columna representa a un lector ou lectora):

 

 

 

 

 

 

 

Partida orzamentaria do Club de lectura Lectores na Bibliolamas (informe provisional de maio'22 - Informe final de xuño'22)

 

 

Clubes de lectura 2021: Viaje alrededor de los libros / Viaxe arredor dos libros

Neste curso, e dende xaneiro do 2021, temos dous clubes de lectura en marcha: o de “Clásicos” (da literatura, enténdese), e outro, de BD (banda deseñada, ou cómic).                                                A nosa sección dentro da Aula virtual da biblioteca

  • Primeiros pasos: elexir que se ía ler, para o que preparamos estas listas previas. Axudámonos tamén un poco do libro

1001 libros que hay que leer antes de morir: Relatos e historias de todos  los tiempos Música, cine y series: Amazon.es: Boxall, Peter, Mainer,  José-Carlos: Libros1001 libros que hay leer antes de morir
Autor/es: Boxall, Peter / Mainer, José-Carlos
Editorial: Grijalbo 2016

 

Clásicos da Literatura

"Modernos": libros actuais

Banda deseñada/ cómic

 

Imos explorar algúns dos títulos que sempre aparecen nos listados de libros que se han de coñecer.

Velaquí algúns exemplos:

Propostas de lectura de clásicos literarios universais-1URL

Proposta de lectura de clásicos universais-2URL

Neste apartado, preparamos unha primeira selección con algúns títulos de última novidade editorial:

Ficha de propostas "Modernos"-1Ficheiro

Para o club de lectura de banda deseñada procuraremos

- utilizar o que xa hai no amplo fondo que temps sobre o tema na nosa biblioteca escolar

pero tamén

- comprar e conseguir material novo que interese ao lectorado.

Onde buscar... algo de boa banda deseñada? Aquí:

Recomendacións de banda deseñada de Komic Librería

E por exemplo, de manga, que tanto gusta? Velaquí: Editoriais de manga

URL

  • Entrando en materia: Lecturas do club dos "Clásicos"

Lectura do Frankenstein de Mary Shelley. Velaquí as nosas edicións.

Lectura da Metamorfosis de Franz Kafka. Velaquí as nosas edicións.

  • Explorando o mundo da banda deseñada, ou cómic.
Asterix&Obelix Brussels.jpg

1. Lectura dun exemplar da serie As aventuras de Astérix. Velaquí os títulos lidos (cada un, un título diferente, para despois comparar):

2. Sumerxímonos no mundo do humor gráfico e as tiras cómicas da man de Davila cos seus "Bicheros" (de novo, a exemplar diferente por cada un de nós). Velaquí a lista:

  • O Bichero I
  • O Bichero IV : menú do día
  • O Bichero V : Living a vida loca
  • O Bichero VI : Ti sacha!
  • O Bichero VII : De punta a chicote!!
  • O Bichero VIII : Pásapa-corteee!
  • O Bichero IX : Run is Life
  • O Bichero X : Malo será. Este título, por ser novidade (de momento, é o último que ten editado Davila), foi un dos que máis "rulou" entre os integrantes do club de lectura, profesora incluída!

Varios dos alumnos se engancharon a este tipo de humor gráfico, e foron repetindo con outros números da mesma serie.Os dous números de maior éxito foron o VII (De punta a chicote!!) e o X (Malo será).

 3. Terceira ronda de banda deseñada: seguimos coas autorías galegas, desta vez con Anémona de Río e o seu cómic:

Cun argumento que se desenrola dentro do corpo humano, este cómic foi bastante apreciado polo alumnado en xeral, de tal maneira que aparece no boletín de recomendacións lectoras elaborado por alumnado de ITI 1º.

AS POMBAS DO CARBOEIRO 4. Continuamos na banda deseñada galega, desta vez, con:

  • As Pombas de Carboeiro, de Inacio Vilariño e Iván Suárez. Demo editorial, 2021. Un cómic que paga moito a pena explorar, xa que contén un CD coa historia narrada e musicada pola Banda de Lalín… ideal para sumerxirse mellor no ambiente da historia. Tamén resulta un material inclusivo, recomendablepara quen teña dificultades lectoras.

Shino no es capaz de decir su propio nombre The Mark of Watzel5. e 6. Manga: comenzamos a lectura deste tipo de banda deseñada tan popular dentro do club de lectura. Non é  que este tipo de cómic non o lera o alumnado do club de lectura de banda deseñada, precisamente... pero isto sempre vai nos gustos persoais: non todos os compoñentes do grupo o lían, e non sempre do mesmo estilo. No noso caso, apostamos polos "one-shot", con estes dous títulos:  

Con estes títulos, houbo que alternar e simultanear a lectura dos títulos, pois non foi posible conseguir exemplares para todos e cada un dos membros do club. Mentres uns lían os 3 de Mark of Watzel, outros foron lendo os de Shino no es capaz de decir su propio nombre, e logo intercambiaron.

ALEIDA II. CRUZADA Aleida. Ciudad sin alma7. Continuamos coa lectura dos dous tomos publicados (ata o momento) por Víctor Boullón en Demo editorial da serie "Aleida":

A raíz destas lecturas, e por estar en contacto directo con Demo editorial, surxiu a posibilidade de organizar un encontro co autor, que estivo no centro o 14 de maio durante as Xornadas Culturais falando do seu labor, e ensinándonos a deseñar personaxes dende cero.

Microalgas. El mundo oculto: 4 (Ciencia Aberta): Amazon.es: Pisón, Xulia,  Pisón, Xulia, Pisón, Xulia: Libros

MICROALGAS. O MAR DE ARDORA. XULIA PISON. 9788497497435 Librería Trama8. e 9. Cambiamos de estilo de cómic, e desta vez, apostamos pola divulgación científica coa serie de Xulia Pisón, "Microalgas":

 Xulia Pisón (Author of Microalgas. O mundo oculto)Marela B.D: McCactus / Xulia Pisón10. E, finalmente, sen cambiar de autora, lemos dela as súas tiras cómicas de:

Xulia Pisón no va a faltar en el... - Sindicato Del Comic | Facebook

 

 Boletín de recomendacións de banda deseñada

Elaborado por alumnado da materia de ITI de 1ºESO, que coincide en boa parte que tamén forma parte do club de lectura de BD, recomenda títulos lidos durante a actividade do club, pero tamén se atreve a explorar novos títulos dos nosos andeis de cómic, tanto en galego como en castelán.

Temos que dicir que este boletín tamén está a disposición dos interesados na librería local, Chorima, de Carnota.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut