Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Frases 03

 

FRASES CÉLEBRES (Neste caso por desacertadas)


"Non existe unha soa razón pola que alguén quixera ter un ordenador na súa casa."
KEN OLSON, presidente, chairman e fundador de Digital Equipment Corp. 1977 
   "Este aparello chamado teléfono ten demasiados problemas para ser seriamente considerado como un medio de comunicación. O aparello non ten ningún valor inherente para nós."
Western Union internal memo, 1876.
 "Non nos gusta a súa música e, aparte, a guitarra é un instrumento en vías de extinción."
Decca Recording Co. cando rexeitaron un contrato cos Beatles en 1962.
   "Os aeroplanos son xoguetes interesantes, pero sen ningún valor militar."
MARECHAL FERDINAND FOCH, Profesor de Estratexia, Ecole Superieure de Guerre.
 "A teoría dos xermes de Louis Pasteur non é máis ca unha ficción ridícula."
PIERRE PACHET, Profesor de Fisioloxia de Toulouse, 1872
"640K debería ser suficiente para cualquera."
BILL GATES, 1981
   "É improbable que a enerxía atómica produza algo moito máis perigoso ca un explosivo convencional".
Winston Churchill (1930)
 "Isto non durará máis aló de xuño."
Editorial na revista Variety sobre o Rock and Roll (1955)
   "A televisión non durará porque a xente axiña se cansará de ollar en fite unha caixa de madeira cada noite."
Darryl Zanuch, produtor de 20th Century Fox (1946)
   "Se houbera máis homes coma Hitler, a paz estaría garantida en Europa". Neville Chamberlain, primeiro ministro británico, proclamou isto en 1938, ao regresar da súa viaxe a Berlín para asinar o chamado Pacto de Munich. Un ano despois, os nazis invadiron Polonia.


book | by Dr. Radut