Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Axudas para adquirir material escolar

As axudas para material están recollidas na ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 SOLICITUDES

Prazo: ata o 21 de xuño (incluído)

Documentación que hai que presentar:

Anexos I e II

Copia do libro de familia ou documento equivalente

Sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor (en caso de separacion ou divorcio)

Certificado do grao de discapacidade non expedido pola Administración autonómica (en caso de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia)

Documentación xustificativa (en caso de situación de violencia de xénero)

Requisitos para percibir a axuda para material:

Devolución dos libros do curso anterior

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 75€

Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€

Formulario (Anexo I e II):

Único para todos/as os/as fillos/as que estuden no mesmo centro educativo

Presentaranse por vía electrónica ou presencialmente no centro

Fomulario dispoñible no centro e na sede electrónica



paxinapromocionada | by Dr. Radut