Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




PREMIO 1ºESO

No presente curso académico o alumnado de 1ºESO participou activamente no Plan Proxecta titulado Apuntámonos a non beber baixo a coordinación de Eva, a orientadora, e a colaboración do resto do profesorado participante: Laura, Marián e Uxío.

O intenso traballo en grupo permitiu que o alumnado de 1ºESO fora un dos dous gañadores entre todos os centros participantes polo que poderán desfrutar dunha xornada de lecer no Aquapark de Cerceda.

Porén, o máis importante é a experiencia de traballo colectivo e os contidos traballados que agardamos contribúan a visibilizar o dano individual e social que produce o consumo de alcol na adolescencia e evitalo, ou polo menos a pospoñer a idade de iniciación no seu consumo.

NORABOA!



book | by Dr. Radut