Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




INICIO DE CURSO 2020/2021

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar,

Os nosos esforzos centráronse na apertura do novo curso para garantir, dentro das nosas posibilidades, a maior seguridade de toda a comunidade educativa.

A continuación, presentamos o Plan de adaptación á situación Covid-19 para o actual curso no que se determinan as concrecións das medidas no noso centro en base ao protocolo da Consellería versión do 22/07/2020 e actualizado coas Instrucións do 31/08/2020.

Dentro deste Plan inclúese o Programa de acollida que recolle os aspectos máis relevantes dos que o alumnado debe ser coñecedor e que enlazamos directamente para a súa consultaTodos estes aspectos serán traballados con énfase co alumnado durante as primeiras semanas do curso.

Aproveitamos este primeiro contacto para comunicarvos unha serie de cuestións:

  1. O inicio de curso mantense para o 16 de setembro e de xeito gradual. Ese día volverán ás aulas os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO ; o día 17 de setembro farano os/as de de ESO, e finalmente o día 18 incorporarase o alumnado de 4º de ESO. O horario será o habitual de 8.40h a 14.10h e haberá transporte escolar.

  2. Todas as familias debedes asinar e entregar na conserxería do centro ou enviar escaneada ao correo electrónico ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal a declaración responsable entre os días 14 e 15 de setembro.Isto implica o voso compromiso a realizarlle aos vosos fillos/as a autoenquisa de sintomatoloxía compatible coa Covid-19, a diario, en casa, antes da chegada ao centro. Ante calquera dos síntomas o/a alumno/a non debe acudir ao centro e debedes de comunicalo ao teléfono do centro. Todo este proceso está recollido no Plan de Continxencia integrado no Plan de Adaptación.

  3. Todas as familias teñen que ter descargada a aplicación AbalarMóbil para o inicio de curso. Guía para as familias. Guía mensaxería.

  4. O alumnado de 3º e 4º de ESO deben traer o importe exacto de 1,12€ para aboar o seguro escolar. Entregarano na secretaría do centro.

  5. Este curso a cafetería permanecerá pechada polo que o alumnado ten que traer da casa bebida ou comida para consumir durante o recreo.

  6. Hai unha folga do profesorado convocada para o dia 16 en toda Galicia, pero estará garantida a correcta atención ao alumnado de 1º e 2º.

  7. Nas reunións de titorías coas familias, priorizarase a comunicación por teléfono.

  8. Imos intentar facer as reunións de inicio de curso coas familias de xeito presencial para explicar detalladamente todas estas novidades. Todas aquelas familias que estean interesadas deben comunicalo ao teléfono xeral do centro para poder organizar ditas reunións. Só se permitirá a presenza dun proxenitor por alumno/a.

  9. Para calquera dúbida ou consulta: 881867200



book | by Dr. Radut