Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




DEVOLUCIÓN E RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2019/2020

Prazo: do 25 de xuño ao 7 de xullo (agás para o alumnado que teña algunha materia suspensa, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).

Procedemento: solicitar cita previa chamando ao 881867200

Os libros deberán ser entregados pola persoa que presentou a solicitude ou por outra persoa autorizada cubrindo o modelo de autorización de devolución de libros de texto que se adxunta.

No momento de entregar os libros, estes serán inspeccionados, anotarase se están en bo estado ou inservibles e emitirase un documento de "recollida" dos libros de texto efectivamente devoltos.

A non devolución dos libros será causa de exclusión da participación no fondo solidario e na solicitude de axuda de material, iniciándose un expediente de reintegro da axuda por parte da Consellería.



book | by Dr. Radut