Magosto-plantación castiñeiros
Aproveitando a celebración do magosto o venres 8 de novembro, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía xunto co Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares e o alumnado voluntario de 1º ESO plantaron castiñeiros no patio do instituto.
O noso alumno da Unidade de Educación Especial aportou unha pintura da folla do castiñeiro (Castanea sativa).