Presentación do curso escolar 2019/2020 ás familias
A reunión de presentación deste curso ás familias terá lugar o vindeiro luns 30 de setembro de 2019 na biblioteca do IES Lamas de Castelo.
Comezará ás 18.15h cunha reunión conxunta de benvida para dar a coñecer o funcionamento xeral do instituto e presentar a todo o profesorado. A continuación, cada titor/a explicará polo miúdo as características do seu grupo.