Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades

1-. Visitamos o Pergamiño Vindel

O 21 de decembro fomos a Vigo a coñecer o Pergamiño Vindel. Logo de analizar nas aulas a importancia deste documento fomos velo en vivo e en directo. Foi unha ocasión única!

2.- Día da Poesía e de Rosalía

Recitamos varios poemas de Rosalía de Castro o 23 de febreiro no recital poético celebrado no instituto. Participamos na actividade #AbrideAFiestra organizada pola AELG.

3.- Fomos ao concerto de Xoán Curiel

O 23 de marzo fomos á Picota escoitar a Xoán Curiel, canda o alumnado de 2º, 3º e 4º dos IES As Insuas e do CPI A Picota.

4.- Roteiro polo Monte Pindo

O 7 de maio imos subir ao Pindo co IES As Insuas de Muros. Estes son algúns dos poemas que o alumnado do centro creou para a ocasión.

 

5.- Charla con Cheikh Fayé, senegalés residente na Coruña, que veu presentar o seu libro Ser modou modou. ("modou modou", emigrante, en lingua wolof)

Este é o primeiro libro publicado por un senegalés en galego coa axuda da AS-PG e que trata de moitas temas de actualidade: a vivencia da emigración e da inmigración en primeira persoa, da solidariedade, de economía, da globalización, do reparto desigual da riqueza, das inxustizas sociais, da escola, da cultura en xeral tanto en Galicia coma en Senegal. Só por destacar unha das ideas que compartiu con nós quixera destacar a da importancia do idioma. É moi de agradecer que un senegalés escriba en galego, para normalizar a nosa lingua e para contribuír a que non se perda. El mesmo dixo: "Todo idioma é moi importante, pero o teu idioma propio é a túa mellor marca de identidade. Se perdes a cultura, perdes a identidade".

Por se estiverdes interesados no libro e na historia deste senegalego, podedes facelo entrando no seu propio blog: https://senegaliza.wordpress.com/

Este encontro tivo lugar no marco das Xornadas Culturais, o 16 de maio de 2018, e foi unha actividade dirixida ao alumnado de 2º e 3º de Lingua Galega e Xeografía e Historia.

 6.- Celebramos o Día das Letras Galegas de María Victoria Moreno.

Lemos algunhas das súas obras nas aulas e aprendemos algo máis desta muller tan loitadora, tan merecente da homenaxe. Aquí, máis información sobre ela.

 



book | by Dr. Radut