Outubro-2015: Mes da Biblioteca escolar
Ao longo de mes de outubro e, en especial, o día 24 celébrase o Día da Biblioteca Escolar. Nesta ocasión, a campaña ideada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva o nome Biblioteca escolar, base de exploracións. O autor do deseño do cartel e dos materiais destinados a promocionar a lectura é Fran Bueno.
Algunhas das obras de Fran Bueno como ilustrador podedes atopalas na biblioteca, como ilustracións de obras literarias así como obras independentes.