Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Frases 17

 

“Gobernar escravizando a mente a través do medo ao castigo noutro mundo é tan baixo como usar a forza.”  

 

Hipatia de Alexandría. (370? - 416). Filósofa, matemática e astrónoma. Mártir da Ciencia. 

 

"En ningún momento da historia, en ningún lugar do planeta, as relixións teñen servido para que os seres humanos se acerquen uns a outros. Pola contra, só teñen servido para separar, para queimar, para torturar. Non creo en Deus, non o necesito e ademais son boa persoa."

José Saramago (1922 - 2010). Novelista, poeta, periodista e dramaturgo portugués. Premio Nobel de Literatura en 1998.

"As guerras seguirán mentres a cor da pel siga a ser máis importante que a dos ollos."

Bob Marley. (1945 - 1981). Músico xamaicano, o máis coñecido e respetado intérprete do reggae.

"Eles viñeran cunha Biblia e a súa relixión. Roubaran a nosa terra, esmagaran o noso espírito... e agora dinnos que debemos ser agradecidos ao "Señor" por sermos salvos."

Xefe Pontiac. (? - 1769). Lider amerindio que encabezou unha alianza contra a colonia inglesa no nordeste dos EEUU entre 1763 e 1766.

"A paz non é somentes a ausencia de guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión dificilmente poderemos acadar un mundo en paz."

Rigoberta Menchú (1959). Activista polos dereitos humanos en Guatemala. Premio Nobel da Paz en 1992.



book | by Dr. Radut