Skip to Content


Icono Aula virtual

Secretaría

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2º ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: información

Familias

 IMPRESOS SECRETARÍA
 

 Xustificante de faltas alumnado

Modelo autorización recollida alumnado autorellenable

Modelo autorización recollida alumnado

 Impresos de matrícula

 

         
               

 

BECAS MEFP ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS

Ábrese o prazo para presentar a solicitude de becas do Ministerio de Educación, Formación  Profesional e Deportes  para ensinanzas postobrigatorias.

Máis información aquí

Prazo : do 19 de marzo ao 10 de maio ( 15:00)

Acreditación competencias dixitais alumnado

Publicouse a resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Máis información

O alumnado matriculado en 4º ESO pode realizar probas específicas para  acreditar as compentencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitará a súa inscripción empregando o modelo, os menores de idade deben contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.

Data límite inscripción: 15 de marzo Actualizado!!

Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado

 Publícase o 22 de febreiro no taboleiro do centro ou na sede electrónica.

 

A partires da publicación da listaxe de alumnado con posto reservado, iniciase o prazo para a renuncia á reserva da praza ata o 28 de febreiro de 2024.

RESERVA PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

 

Dende hoxe 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro de 2024, ábrese o prazo para a reserva de praza para o curso 24/25 no centro adscrito IES da Basella.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ( dispoñible para descargar na WEB ou no centro) ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear .

 

Esta solicitude deberase presentar no centro ou nos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

 

1. Usuarios sen identificar Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 

 

2. Usuarios identificados Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.

 

Axudas para a adquisición de material escolar

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva coas axudas para a adquisición de material escolar do alumnado do IES da Illa de Arousa correspondente ao curso 23-24.

As personas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Admisión alumnado 24-25

 

 Información do proceso admisión do alumnado.

 Reserva de praza para alumnado de centros adscritos. Outros prazos do proceso de admisión.

PRAZO DE RESERVA: 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

MODOS:

- A través da aplicación “admisionalumnado”, no menú: Solicitudes > Reserva > Crear .

- No centro de orixe, cunha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia,  formulario en papel ( dispoñible para descargar na WEB ou no centro)

Publicación das listaxes de alumnado con posto reservado ( publicación o 22 de febreiro). 

 Vacantes ofertadas polo centro.

Comezo do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes de alumnado admitido sen baremo(20 de marzo).

Solicitar documentación baremo.

 Listaxe provisional de admitidos (proceso ordinario de admisión, publicación o 25 de abril).

 Listaxe definitiva de admitidos (publicación o 15 de maio).

Formalización de matrícula na ESO-BAC do 23 de xuño ao 7 de xullo (publicarase calendario de matriculación)

Asignación subsidiaria

Asignación de solicitudes que perderon o dereito

Asignación fóra de prazo 2

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut