Skip to Content


Icono Aula virtual

Admisión curso 24-25. Reserva de praza para alumnado de centros adscritos

 

Proceso admisión curso 2024/2025

O  CEIP Torre Illa é centro adscrito ao noso instituto.

O noso instituto está adscrito ao IES A Basella para cursar Bacharelato

 

Procedemento Data Lugar

Prazo solicitude de reserva de praza

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro Centro de orixe/ sede electrónica

Listaxe definitiva de alumnado con posto reservado

22 de febreiro Centro adscrito e centro de adscrición

Renuncia á reserva de praza

28 de febreiro Centro de orixe

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo Na páxina web do centro/ taboleiro
Solicitude de admisión( prazo ordinario) Do 1 ao 20 de marzo

Na sede electrónica, na aplicación informática admisionalumnado ou na secretaría do centro que solicita en primeiro lugar.

Presentación de documentación acreditativa do baremo no caso de haber máis solicitudes que vacantes

10 días hábiles contados a partir do seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión Na secretaría do centro solicitado en primeiro lugar ou na sede electrónica

Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 25 de abril

 

No taboleiro de anuncios do centro ou en admisiónalumnado (con chave 365 ou certificado dixital).

Reclamacións ante o Consello Escolar

5 días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación de listaxes

Na secretaría do centro

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

Antes do 15 de maio

No taboleiro de anuncios do centro ou en admisiónalumnado (con chave 365 ou certificado dixital)

Impugnación das listas definitivas mediante recurso de alzada ante a persoa titular daXefatura Territorial

No prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación

Xefatura territorial de Pontevedra

Formalización da matrícula

Do 23 de xuño ao 7 de xullo (concretarase a organización en xuño).

Na secretaría do centro

     

Este curso o noso IES está adscrito ao IES A Basella, o que significa que o alumnado de 4º de ESO pode reservar praza para cursar os estudos de Bacharelato nese centro antes do proceso de solicitude de admisión habitual.

No caso de haber máis solicitudes de reserva que prazas nese centro educativo, terase que facer unha solicitude de admisión no prazo establecido.

 

IMPORTANTE: Se fas a reserva de praza e despois decides non cursar Bacharelato nese centro, deberás facer unha renuncia á praza antes do 28 de de febreiro.

 

Esta información ampliarase paulatinamente.

Normativa:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

 



story | by Dr. Radut