Skip to Content


Icono Aula virtual

Novas

Axudas para material escolar curso 24/25

No DOG do día 20 de maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se convocan as axudas para material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25( códigos de procedemento ED330B, ED330G e Ed330H)

Prazo de solicitude: 21 de maio ata o 21 de xuño

Máis infomación: fondolibros e/ou Sede Electrónica Xunta

Guía materias optativas curso 24/25

Achegamos unha pequena guía para elexir a materias do curso que ven con argumentos.

 

Materias optativas entre as que escoller unha para cursar 3º da ESO

         
Cultura Clásica Cultura Financiera Educación Dixital Francés Oratoria

 

Materias optativas entre as que escoller  para cursar 4º da ESO

 

Materias vinculadas á escolla da opción en matemáticas (escóllense dúas)
         

Opción

 Matematicas A  

  Dixitalización   FOPP  Tecnoloxía   
         

Opción

Matemáticas B

  Biloxía e

  Xeoloxía

 Economía e

 Emprendemento 

 Física e

 Química

  Latín     

 

Outras materias optativas (escóllense dúas)
             
Cultura Clásica Expresión Artística Filosofía Francés

Intelixencia

Artificial

Música Oratoria

 

 

 

 

Listaxe definitiva de admitidos procedentes de centros non adscritos no curso 24_25

Todas as solicitudes de admisión, presentadas no prazo de admisión ordinario, da rapazada procedente de centros non adscritos, foron admitidas.

Está publicada a listaxe  definitiva no taboleiro do interior do centro.

 

Listaxe provisional de admitidos procedentes de centros non adscritos no curso 24_25

Todas as solicitudes de admisión, presentadas no prazo de admisión ordinario, da rapazada procedente de centros non adscritos, foron admitidas.

Está publicada a listaxe no taboleiro do interior do centro.

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2º ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: información

Acreditación competencias dixitais alumnado

Publicouse a resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Máis información

O alumnado matriculado en 4º ESO pode realizar probas específicas para  acreditar as compentencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitará a súa inscripción empregando o modelo, os menores de idade deben contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.

Data límite inscripción: 15 de marzo Actualizado!!

Exames de pendentes

Calendario de probas para superar mateiras pendentes no mes de febreiro

Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado

 Publícase o 22 de febreiro no taboleiro do centro ou na sede electrónica.

 

A partires da publicación da listaxe de alumnado con posto reservado, iniciase o prazo para a renuncia á reserva da praza ata o 28 de febreiro de 2024.

Recursos INCIBE familia

Web con recursos de ciberseguridade para as familias: INCIBE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut