Recibimos a seguinte información da Consellería:
As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
Se non poden contactar co seu médico, poderán comunicar o resultado positivo do autotest cubrindo o cuestionario da seguinte ligazón:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID