Acreditación competencias dixitais alumnado
O alumnado matriculado en 4º ESO pode realizar probas específicas para acreditar as compentencias dixitais de nivel intermedio.
Solicitará a súa inscripción empregando o modelo, os menores de idade deben contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.
Data límite inscripción: 15 de marzo Actualizado!!
Calendario:
-
A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
-
A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
Información sobre as probas específicas:
-
A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas noMarco galego de competencias dixitais. A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
-
A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais Marco galego de competencias dixitais. A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas.
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.