Publicada no DOG do venres 13 de novembro de 2020 a orde que regula o procedemento para o reparto de máscaras entre o alumnado de centros públicos .
(código de procedemento ED330E)
Artigo 2. Alumnado destinatario.
1. O beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Non terá que presentar a solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda par adquirir material escolar no curso 2020/21.
Artigo 7. Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I)
O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.