Skip to Content


Icono Aula virtual

3ª avaliación

Obradoiro de Dores Tembrás

Comezan as nosas actividades arredor das Letras Galegas, esta vez adicadas a Manuel María, o poeta da Terra Chá.

Obradoiro poético con Dores Tembrás, para 2º ESO.  Despois do éxito do ano pasado, dicidimos repetir a experiencia co seu obradoiro titulado "Poesía + Graffiti". 

Aniversario de Chernobyl

 

Hoxe fai 30 anos que ocorreu a catástrofe nuclear de Chernobyl
No instituto fixemos unha performance en recordo ao accidente que provocou 200.000 mortos debido á radiactividade, e miles de persoas desprazadas.
En torno á central nuclear de Chernobyl non se pode vivir, nin tan sequera acercarse.
Fai 30 anos tivo lugar o desastre na central nuclear de Chernóbil.
A explosión do 4º reactor desencadenou unha reacción en cadena que ameazou con provocar unha segunda explosión ainda máis potente e que afectaría a media Europa. Un secreto que os soviéticos ocultaron vinte anos.
Durante 8 meses, uns 800.000 homes traballaron para acabar coa radiactividade construindo un sarcófago ao redor do reactor explosionado.
O impacto do accidente sobre a saúde das persoas e o medio ambiente continúan, na actualidade oito millóns de persoas viven en zonas contaminadas de Ucrania, Rusia e Bielorrusia.

Para máis información accede ao blog de Voz Natura

Os alumnos da Illa cazan sorrisos para unha exposición

"Os alumnos de 4º ESO do instituto da Illa saíron onte de expedición. Baixo o fermoso e desexado sol da tarde, que decidiu tamén acompañar co seu sorriso, deixaron o centro e percorreron as rúas do municipio á caza do tesouro.

E como nestes tempos afligidos non hai maior tesouro que un sorriso, ese foi o labor que se lles encargou aos mozos: buscar sorrisos e inmortalizarlas.

O resultado das súas pescudas á captura de xestos amables será agora transformado nun vídeo e nunha exposición"

Texto de María Santalla. La Voz de Galicia

Esta actividade enmárcase dentro do Programa Voz Natura.

Distribuir contido


by Dr. Radut