Skip to Content

A saúde física e mental centra diversas actividades durante o mes de abril

O instituto conmemorou o Día Mundial da Saúde baixo o lema 'A miña saúde, o meu dereito', salientando o acceso universal a servizos de saúde de calidade e á importancia dos coidados diarios para unha vida máis saudable. Un ano máis, este día serve de base para programar unha serie de actividades durante abril e maio, que terán como eixo central a saúde física e mental do noso alumnado. O primeiro deles consistiu en que o profesor de Educación Física, Adrián Levoso, impartiu unha charla sobre hábitos de vida saudables ao alumnado de 1º da ESO.

             

Ademais, tamén se celebrou un obradoiro para o alumnado de Ciencias de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato impartido por profesores da Universidade da Coruña sobre como empregamos as matemáticas, a física, a química e a bioloxía para avaliar a condición física.

             

En sintonía coa saúde física e mental, o alumnado de 2º de ESO acudiu a Ribadeo para a celebración do Día da Educación Física na Rúa con máis de 600 participantes de centros educativos da Mariña. A temática deste ano foron os Xogos Olímpicos. Durante a xornada deportiva puideron practicar hockey, atletismo, balonmano, baloncesto, skate, judo, bádminton, voleibol, rugby, remo, tenis de mesa, golf e tenis.



blog | by Dr. Radut