Skip to Content

Departamentos

Plan CUALE (IES Fernando Blanco - Cee)

Dende o 1 ao 15 de maio está aberto, no IES Fernando Blanco, o prazo para a preinscrición do alumnado interesado en participar no Plan CUALE (Cursos para a formación de linguas estranxeiras: inglés) niveis A2 e B1.

Vai dirixido a alumnado que vaia cursar 4º da ESO ou bacharelato, ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no vindeiro curso 2021-2022.

Máis información.

Adaptación da Programación Didáctica de Inglés - Maio 2020

Debido á suspensión das actividades lectivas presenciais dende o 13 de marzo de 2020 dentro do marco das medidas adoptadas no estado de alarma decretado con motivo da pandemia da COVID-19, foi necesario realizar modificacións na Programación Didáctica elaborada para o presente curso en setembro de 2019.
Esta adaptación da Programación Didáctica aplicarase en todos os cursos da ESO, seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela podedes atopar os estándares de aprendizaxe de cada curso, os criterios, instrumentos e procedementos de avaliación, os criterios de cualificación...

Adaptación da Programación Didáctica de Inglés - Maio 2020

 

ORIENTACIÓN ABRE AS SÚAS PORTAS VIRTUAIS.....

Durante estes días de reposo na casa se precisades estarei conectada a través do meu correo. Se a rede non colapsa  todas as mañás de 10:00 a 13:00 teño "a consulta aberta" por se tedes preguntas, dúbidas, necesitades  asesoramento “psicolóxico -emocional” ou simplemente comunicarvos.

Pois nada máis; ide mirando de vez en cando a páxina do instituto, e traballar algo das diferentes materias.

Aproveitade para facer outras cousas como ler, poñer un pouco de orde material e mental, comunicarvos, disfrutar da familia, dar abrazos e bicos mentais, debuxar, escribir ou calquera outra actividade creativa que non requira  saír da casa.
Saúde, paciencia e sorte!!Guiño

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2020

Hoxe publicouse no DOG a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, 27 de febreiro, e remata o día 26 de marzo (incluído).

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle

Biblioestremonías

Toda a información relacionada coa biblioteca e o noso club de lectura Ghuaidelai podedes atopala no blog Biblioestremonías. Animádevos a visitalo!! Podedes acceder a el premendo no seguinte enlace:
Biblioestremonías

Mochilas viaxeiras

É unha iniciativa para o fomento da lectura no seo familiar. Se estades interesados ou interesadas en levar en préstamo durante tres semanas unha mochila con libros para toda a familia, cubride unha solicitude onde se reflectirán as vosas preferencias. Podedes descargar e imprimir unha no enlace que atoparedes abaixo.
Posto que hai tantos temas que vos interesan, para axudarnos a escoller o contido das mochilas viaxeiras pedimos a vosa colaboración, "afinando" un pouco máis as peticións... Para facilitarvos esta tarefa, elaboramos un titorial de busca no catálogo da nosa biblioteca e proporcionamos un enlace ao mesmo. No titorial explicamos, por exemplo, como podedes coñecer os libros concretos que sobre unha determinada materia existen na biblioteca. Grazas por adiantado. Esperamos as vosas peticións!!

Distribuir contido


by Dr. Radut