Skip to Content

Plan convivencia

PLAN DE CONVIVENCIA

 

Plan de Convivencia curso 2017-18

NOVO PROXECTO CONCEDIDO AO CENTRO

O Ministerio de Educación acaba de concedernos un proxecto de agrupación con outros catro centros mais do panorama nacional. O proxecto, que suporá diferentes xuntanzas entre o profesorado e o alumnado dos 5 centros agrupados, ten por título "Desarrollo de competencias básicas a través del aprendizaje-servicio" Forman parte deste proxecto o IES Fin do Camiño (Fisterra, A Coruña), o IES Miguel Catalán (Coslada, Madrid), o IES Parquesol (Valladolid, Castilla y León), o IES Arcipreste de Hita (Azuqueca de Henares, Castilla-La Mancha) e o IES Leonardo da Vinci San Cugat del Vallés (Barcelona).

Perséguese a mellóra dos resultados escolares a través da posta en marcha de distintos proxectos de formación en competencias básicas que seguen unha metodoloxía de aprendizaxe-servizo solidario e de axuda entre iguais. O alumnado ten un papel activo na aprendizaxe, desenvolvendo diferentes habilidades e destrezas para o desempeño de roles de axuda no centro e na comunidade que revirten no rendemento académico, a integración e o benestar escolar de si mesmos e dos destinatarios.
O proxecto de agrupación consiste no intercambio de prácticas de aprendizaxe-servizo para a elaboración de materiais audiovisuales e procesos comúns que poidan ser de utilidade a outros centros. Ademais, búscase a creación de lazos emocionais e profesionais mediante encontros entre o profesorado e tamén entre o alumnado dos cinco centros escolares que traballarán en rede.

Accede ao texto completo aquí:

 

 

GAÑAMOS UN ACCÉSIT AOS III PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA!

O IES FIN DO CAMIÑO, acadou un accésit aos III Premios á Innovación Educativa convocados polo sindicato FETE UGT Galicia e Escola Viva. O venres día 23 ás 16:00 h terá lugar a entrega de premios en Santiago de Compostela.

Accede a toda a información na seguinte páxina:

 

http://www.feteugtgalicia.es/noticias.aspx?notid=111

FINALISTAS NACIONAIS AO PREMIO ACCIÓN MAGISTRAL

Xunto co IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Antonio Fraguas de Negreira, o noso IES foi finalista nacional do Premio de Acción Magistral polo seu traballo na creación de redes para unha convivencia positiva. Parabéns ós premiados, para nós foi todo unha honra.

Aquí podedes ver o diploma que nos enviaron. 

 

XA SOMOS FINALISTAS NACIONAIS DO PREMIO DE ACCIÓN MAXISTRAL!

Polo traballo do IES Fin do Camiño na creación de encontros de convivencia, en colaboración co IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Antonio Fraguas de Santiago, fomos seleccionados finalistas nacionais do Premio de Acción Maxistral 2014. O xurado decidirá o gañador no mes que ven, mais de momento... que boa noticia, non?

Para saber mais, pinchade no seguinte enlace:

http://premio.fad.es/images/PDF/pdf2014/FinalistasNacionales/1962-B-Galicia.pdf

II ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

Os pasados días 24 e 25 de Abril tivo lugar en Santiago o II Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva coa participación de familias, profesorado e alumnado de 23 centros educativos. O Encontro foi organizado polo IES Fin do Camiño, o IES Antonio Fraguas de Santiago(sede do encontro) e o IES Xulián Magariños de Negreira. Ademais de contar con relatores como Pedro Uruñuela Nájera, José María Avilés, ou VincenÇ Rul.lan Castañer, apostouse polo intercambio de experiencias e boas prácticas entre iguais e tamén co alumnado e as familias a través dun Espazo Aberto e dun World Café, dinamizados por Gorka Ruiz.

Se queres atopar mais fotos, artigos de prensa e información, agrégate ó noso facebook oficial do encontro: Encontro Convivencia Positiva Santiago.https://www.facebook.com/encontroconvivencia.negreirafisterra

No facebook poderás atopar artigos como estes:

http://opatiodasideas.tumblr.com/post/84314590967/a-convivencia-non-se-impon-construese

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/ies-negreires-ensena-youtube-atajar-conflictos/idEdicion-2014-04-29/idNoticia-865995/

(no minuto 3:37) http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/informacion-local-santiago-de-compostela-803571

ou este vídeo de Federico Mayor Zaragoza :https://docs.google.com/file/d/0B-OKwAhAKfyPY0NBaGo4Um5hLVU/edit?pli=1

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Tal e como estaba previsto, terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais deste curso escolar. Logo de tratar o tema da sexualidade, nesta segunda reunión falaremos da preocupación pola imaxe corporal dos nosos fillos e fillas e de cómo afrontalo na familia. Como sabe, este é un tema moi relacionado cos trastornos alimenticios (anorexia, bulimia, etc.) e coa autoestima. Contaremos coa visita de Paula Rico, sexóloga do Centro Quérote + de Santiago de Compostela.
    A reunión realizarase o próximo martes, día 10 de decembro, ás 18:00 da tarde na biblioteca do IES Fin do  Camiño. A duración prevista para a sesión é de 1 hora e media aproximadamente.
    Agardamos contar con todos e todas.

Distribuir contido


by Dr. Radut