Skip to Content

ENTREGA DE ORDENADORES EDIXGAL

Só terá  que  entregar ordenadores o alumnado que se detalla a continuación:

-alumnado  de 4º da ESO deberá devolver o ordenador Edixgal, na secretaria do centro entre o  día 21 de xuño ao 25 de xuño.

-resto do alumnado de 1º, 2º e 3º que non continue no centro no curso 23-24 deberá entregar o ordenador Edixgal o día 26 de xuño.

 ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS

 O día de entrega de notas é o mércores día 26 de xuño ás 11.00  horas (non haberá transporte escolar).

 O alumnado que teña libros da biblioteca  deberá devolvelos antes da entrega de notas.

 Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2024-25.

 PRAZO DE RECLAMACIÓNS  27 e 28 de Xuño.

 MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25.

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2024-25 comeza o día 26 de xuño e remata o 7 de xullo. Pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00  a 13.00 horas:

-Alumnado que se matricule en 1ºda ESO o 27-28 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 2º da ESO o 3-4 de xullo.

-Alumnado que se matricule en 3º da ESO o 2-3 de xullo.

-Alumnado que se matricule en 4º da ESO o 1-2 de xullo.

Achéganse, como documentos adxuntos,os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos.

 

Documentación a entregar  

Impresos: 1º ESO  2º ESO  3º ESO   4º ESO   

 


O venres 14 de xuño o alumnado do Club de lectura viaxou a Santiago. Alí realizou unha ruta literaria baseada no libro Beleza vermella, de Arantza Portabales, visitou o Colexio de Fonseca, a Biblioteca América, varias librerías e o recinto da SELIC na Praza da Quintana, onde gozou dun encontro coa escritora Andrea Maceiras, coa que falou do seu libro Europa Express, lido durante o primeiro trimestre, e da súa nova obra Burbullas de calma serena.

Ver resumo da excursión


O 6 de xuño, o alumnado do centro participou na saída a Muros organizada polo Club de Ciencias en cuxa primeira parte fixeron unha andaina guiada polo Monte e Lagoa de Louro.

Nesta zona, incluída en zona LIC (lugares de importancia comunitaria) e zona ZEC (zona de especial protección para as aves), ademais de descubrir especies autóctonas e zonas de interese natural, coñeceron acontecementos históricos relacionados co mundo mariñeiro.

Alén disto, tamén visitaron os Muíños de mareas do Pozo do Cachón, onde a guía do Concello informou do valor histórico, económico e patrimonial destas construccións.

Na segunda etapa da saída, o alumnado visitou a praia de San Francisco en Louro, onde, como remate da actividade desfrutou de tempo de lecer no areal e nas zonas de esparcemento.


O martes 4 de xuño tivemos un agradable encontro coa escritora Arantza Portabales, autora da triloxía protagonizada polos inspectores Abad e Barroso, lida polo grupo de exalumnas, alumnas de 4ºESO e profesorado do Club de lectura.

Falounos dos seus libros, do proceso da escrita, dos seus libros e autores e autoras favoritos... e as ex-alumnas fixéronlle unha entrevista para o seu espazo en Radio Neria, O recuncho do estudante.

Escoitar entrevista


 

O mércores 29 de maio, o alumnado do Club de Ciencia participou, con dous obradoiros, na II Xornada da Ciencia na Rúa, levada a cabo en Cee. Nestes obradoiros, un de instrumentos musicais e outro de cosmética natural os membros de 1º e 2º da ESO mostráronlle ao resto da comunidade educativa da contorna como crear xilófonos, maracas e paus de chuvia, con material reciclado; mentres que o estudantado de 3º e 4º elaborou in situ cremas hidratantes e bálsamos labiais con ingredientes exclusivamente naturais.

Así mesmo, tivemos a oportunidade de ver iniciativas moi interesantes realizadas noutros centros como reloxos de sol, campos magnéticos, pasta de dentes para elefantes...


No DOG do día 20 de maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola  que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan  axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación  especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O IES Fin do  Camiño está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2024 (incluído)

Presentación:

-Forma presencial  no centro  educativo  co impreso   que entregaremos ao alumnado en papel.

-Vía electrónica,na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

 


Para celebrar o Día das Letras Galegas asistimos ao espectáculo teatral representado por Talía Teatro Bicos con lingua, que, en clave de comedia, nos fixo reflexionar sobre o uso e a situación da lingua galega.

Por outra banda, como xeito de dar a coñecer un pouco máis a súa figura, varias alumnas do Club de lectura puxeron voz a unha biografía audiovisual de Luísa Villalta, escritora homenaxeada este ano.

Ver vídeo



by Dr. Radut