Skip to Content

blogue deLuz

Roteiro polo concello de Muros

O 6 de xuño, o alumnado do centro participou na saída a Muros organizada polo Club de Ciencias en cuxa primeira parte fixeron unha andaina guiada polo Monte e Lagoa de Louro.

Nesta zona, incluída en zona LIC (lugares de importancia comunitaria) e zona ZEC (zona de especial protección para as aves), ademais de descubrir especies autóctonas e zonas de interese natural, coñeceron acontecementos históricos relacionados co mundo mariñeiro.

Alén disto, tamén visitaron os Muíños de mareas do Pozo do Cachón, onde a guía do Concello informou do valor histórico, económico e patrimonial destas construccións.

Na segunda etapa da saída, o alumnado visitou a praia de San Francisco en Louro, onde, como remate da actividade desfrutou de tempo de lecer no areal e nas zonas de esparcemento.

Celebración do" Día da Ciencia na Rúa"

 

O mércores 29 de maio, o alumnado do Club de Ciencia participou, con dous obradoiros, na II Xornada da Ciencia na Rúa, levada a cabo en Cee. Nestes obradoiros, un de instrumentos musicais e outro de cosmética natural os membros de 1º e 2º da ESO mostráronlle ao resto da comunidade educativa da contorna como crear xilófonos, maracas e paus de chuvia, con material reciclado; mentres que o estudantado de 3º e 4º elaborou in situ cremas hidratantes e bálsamos labiais con ingredientes exclusivamente naturais.

Así mesmo, tivemos a oportunidade de ver iniciativas moi interesantes realizadas noutros centros como reloxos de sol, campos magnéticos, pasta de dentes para elefantes...

Luns 20 de Maio Día non lectivo

O luns 20 de maio non haberá actividade lectiva no centro por ser un dos días escollidos polo claustro de profesorado.

Falemos + galego

O IES Fin do Camiño está a participar, xunto con outros doce centros da bisbarra, nunha campaña pola normalización lingüística.

A Costa da Morte era, até hai pouco, unha das zonas de Galicia onde máis implantación tiña a lingua galega, feito que, nas últimas décadas, se está a reverter.

Desde os centros participantes queremos contribuír a espallar a idea do orgullo de ser da Costa da Morte, traballando polo incremento do uso do galego.

Por tanto, en cada centro estanse a desenvolver actividades que culminarán nunha gala final que se celebrará, nesta edición, en Cee o 20 de xuño

 

Festa de Entroido

Entroido

A celebración do Entroido no IES Fin do Camiño  comenzou coa degustación de filloas e chocolate no recreo. De seguido tivemos o desfile de comparsas por categorías, primeiro sairon as  clases e despois tivemos concurso en pequenos grupos.

Parabéns a todo o alumnado participante!!!

Tedes reportaxe fotográfico no enlace.

Enlace aos vídeos das actuacións.

Rifa premiada no sorteo da viaxe a Andorra

A rifa premiada co carro da compra do IES Fin do Camiño é a que ten o número 4974.

No caso de non aparecer antes do 22 de marzo, volverase a facer un novo sorteo despois desa data. Revisade as que teñades e estade atent@s de facerse o novo sorteo.

Comunicación co Centro durante o mes de agosto

Canles para comunicarse co Centro durante o mes de agosto:

  • a través da seguinte dirección de  correo: ies.findocamino@edu.xunta.es 
  • ou chamando ao teléfono:881 960 528

Saída do alumnado a Cerceda

 O martes 20 de xuño todo o alumnado do Centro desprazouse a Cerceda acompañad@s por Manuela, Mayo e Pedro.

Corrección na data de sorteo rifas (Excursión a Barcelona)

Informamos que o sorteo do carro da compra por valor de 200 euros no supermercado Covirán Fisterra celebrarase o xoves 1 de xuño do 2023 e non na data indicada na rifa, posto que hai un erro na mesma.

Achegamos copia da rifa aquí

Camiño de Santiago do Cebreiro a Samos

Os días 25 e 26 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO participou na actividade do Proxecto Terra facendo o tramo do Camiño de Santiago do Cebreiro a Samos. Ademais da camiñata , no Cebreiro visitaron a palloza museo, a igrexa e o conxunto arquitectónico; en Triacastela, fixeron unha actividade relacionada co tecido do liño no taller "Artelar"; e en Samos, visitaron o mosteiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut