IES EDUARDO PONDAL

Música

IMAGINE

28/09/2010

Déixovos ese fermoso Wix para tocar, cantar e acompañar sobre a canción  de John Lennon, IMAGINE.

Atopado nun blog xenial sobre música que fai María Jesús Camino dende Cantabria, Música Meruelo, e que ten moitísimas partituras fantásticas para tocar! 

POSICIÓNS DOS DEDOS PARA TOCAR AS NOTAS NA FRAUTA DOCE

20/09/2010

 

     Se tes algunha dúbida sobre as dixitacións, é dicir, onde colocamos os dedos para tocar as notas que aparecen nunha partitura, consulta esta LIGAZÓN, verás que aparecen os nomes das notas, que xa coñeces, fai clic co rato en cada nota e verás o que ocurre... non esquezas en acender os altofalantes do teu ordenador!

Teatro en Santiago de Compostela.

 6/10/09

O vindeiro mércores 14 de outubro os alumnos e alumnas de 4º da ESO imos a Santiago de Compostela para ver Glass City, unha obra de teatro  onde historia e música mestúranse.

(Lembrade traer as autorizacións antes do venres)

Distribuir contido