IES EDUARDO PONDAL

Música

Concerto do alumnado. Semana Cultural. Abril, 2011

21 de marzo, 2011

   Grazas a todos polo voso traballo e comportamento! Temos que seguir mellorando. Moitas grazas a Manolo polo vídeo-resumo.


 

 

 

 


Programa do concerto  

Concerto didáctico: O Século XX mira ó pasado.

16 de marzo 2011

  Dentro das actividades musicais da Semana Cultural, rapazas e rapaces de 4º da ESO e 1º BACHARELATO, que cursan a materia de música, asistiron a un concerto didáctico en Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia, chamado "O século XX mira ó pasado" onde puidemos escoitar diferentes obras de compositores de música clásica do século XX, que escribiron obras inspirándose en estilos máis antigos.

  O concerto foi interpretado pola Orquestra Real Filarmonía de Galicia, dirixidos pola batuta do mestre Maximino Zumalave. O programa consistiu nas seguintes obras:

Le tambeau de Couperin de M. RAVEL
Os paxaros de O. RESPIGHI
Intres boleses de R. GROBA

 

 

 

ASISTIMOS A UN ENSAIO XERAL DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA (OSG)

     10/12/2010

   Os alumn@s de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, que cursan a materia de Música, acudiron o xoves 9 de Decembro ó Pazo da Ópera, a escoitar un ensaio xeral da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretou baixo as ordes do director Víctor Pablo Pérez e xunto co solista Paul Lewis, o fermoso Concerto nº 5 para piano e orquestra do mestre Ludwig Van Beethoven.

 

 

CONCERTOS NOVEMBRO-DECEMBRO

 4/11/10

Preparade as axendas porque temos varias citas musicais en A Coruña:

NOVEMBRO

 

Unha historia de amor que mestura danza e a música de Astor Piazzolla

 

DECEMBRO

 

 

Distribuir contido