IES EDUARDO PONDAL

Concerto didáctico: O Século XX mira ó pasado.

16 de marzo 2011

  Dentro das actividades musicais da Semana Cultural, rapazas e rapaces de 4º da ESO e 1º BACHARELATO, que cursan a materia de música, asistiron a un concerto didáctico en Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia, chamado "O século XX mira ó pasado" onde puidemos escoitar diferentes obras de compositores de música clásica do século XX, que escribiron obras inspirándose en estilos máis antigos.

  O concerto foi interpretado pola Orquestra Real Filarmonía de Galicia, dirixidos pola batuta do mestre Maximino Zumalave. O programa consistiu nas seguintes obras:

Le tambeau de Couperin de M. RAVEL
Os paxaros de O. RESPIGHI
Intres boleses de R. GROBA