O Día das Letras Galegas celebrouse por primeira vez en 1963, con motivo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que é a obra máis importante do noso Rexurdimento cultural, ademais de ser a primeira escrita integramente en galego.
O 17 de maio figura na primeira edición de Cantares Gallegos como agasallo de cumpreanos de Rosalía ao seu marido, Manuel Murguía, que a animara a escribir en galego eses poemas; e un dos fundadores da nosa nación, homenaxeado co Día das Letras no ano 2000.
Este ano quérese recoñecer a obra e o labor en prol da cultura galega de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor polifacético que cultivou a poesía, a narrativa e o ensaio, ademais de arqueólogo, investigador e editor.
Podedes atopar material sobre o Día das Letras Galegas e o Centenario do nacemento do pintor Urbano Lugrís nas seguintes páxinas elaboradas polo grupo de traballa da Biblioteca, o Equipo de Normalización e o Departamento de Galego.
Páxina 1 Páxina 2 Páxina 3 Páxina 4
|