IES EDUARDO PONDAL

novembro 2014

Actividades
MAGOSTO NO IES DE PONTECESO 2014
Neste vídeo amosamos as actividades durante o magosto no instituto, concurso de sobremesas de outono, degustación de castañas asadas e competición de xogos de habilidade.


setembro 2014

Curso 2014-2015
NOF 2014-2015

NOF PARA O CURSO 2014-2015



Curso 2014-2015
HORARIOS de PRESENTACIÓN dos GRUPOS NO IES DE PONTECESO
MÉRCORES 17 DE SETEMBRO

O mércores, debido a que luns e martes son festivos en Ponteceso, temos as presentacións do curso 2014-2015.
Mira na seguinte imaxe o teu horario de presentación no salón de actos e na aula.
Hai transporte escolar, que pasará polas paradas coa antelación necesaria para chegar ao instituto ás 10 menos 10.

presentacions


Matrícula
ENLACES PARA ACCEDER AOS IMPRESOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-2015
Prazo de matrícula para ESO e Bacharelato: a partir do 5 de setembro (despois da entrega de notas) ata o 10 de setembro.


Presentación de solicitudes para CICLOS FORMATIVOS: 1 de setembro ao 12 de setembro

Matriculación para CICLOS FORMATIVOS: admitidos do 24 ao 26 de setembro.

Prazo de matricula para ESA e PCPI2: no mes de setembro

Prazo de admisión para FPB: 1 de setembro ao 10 de setembro

Prazo de matrícula para FPB: do 12 ao 19 de setembro

IMPRESOS DE MATRÍCULA
Preme no vínculo correspondente para acceder ao IMPRESO DE MATRÍCULA do curso correspondente en formato pdf, cúbreo no ordenador e imprímeo:
Se o arquivo pdf non che deixa escribir ou non escribe correctamente, pode ser cuestión do navegador co que o abriches. Proba a abrilo co navegador Chrome.

Axudas
ACCESO Á PÁXINA PARA SOLICITAR BOLSAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2014-2015
Premendo o seguinte enlace accedes á páxina para solicitar bolsas de axuda ao estudo para o curso 2014-2015: 
ACESO PARA SOLICITUDE DE BECAS PARA O CURSO 2014-15
(Prazo aberto ata o 30 de setembro):
Nota: se non estás rexistrado, deberás facelo como “persona física sin certificado digital”
Neste enlace accedes ao documento onde se explican as bases da convocatoria das bolsas para estudios non universitarios(BOE, 7 de agosto de 2014):
CONVOCATORIA DAS BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS


Libros de texto
LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014-2015
Premendo o seguinte enlace accedes ao documento en pdf da lista de libros de texto para o curso 2014-2015.
LIBROS DE TEXTO 2014-2015



Curso 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR EN PDF
Descarga en pdf o calendario escolar do curso 2014-2015:
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015 EN PDF.


CURSO 2014-2015
calendario escolar 2014-15



Exames
CALENDARIOS EXAMES DE SETEMBRO EN PDF

No menú lateral da esquerda, no bloque Administracíon --> Calendarios, podes acceder ao documento en pdf da distribución horaria dos exames de setembro que se realizarán durante os días 1, 2 e 3 de setembro. Ou clica na imaxe da dereita:




Libros de texto
PROCEDEMENTO RESUMIDO PARA COMPLETAR AS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO

Información para cubrir a solicitude do libros de texto:

Tes toda a información neste enlace do portal educativo da Consellería: AXUDAS LIBROS DE TEXTO
Documento de solicitude baleiro para cubrir: SOLICITUDE AXUDAS LIBROS.
A Orde que regula o procedemento. ORDE AXUDAS LIBROS DE TEXTO.
Resumo da orde que regula o procedemento: RESUMO DA ORDE


Avaliacións setembro
ENTREGA DE NOTAS EN SETEMBRO

Entrega de notas
2º DE BACHARELATO:
MÉRCORES 3 ás 19:30 horas.

Entrega de notas polos titores, nas aulas correspondentes:
1º, 2º, 3º e 4º da ESO
3º e 4º de PDC,
1º de Bacharelato e
ESA II e IV:
VENRES 5 ás 10:00 horas.


Setembro 2014
 
exames setembro


Ciclos Formativos
ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS CURSO 2014-2015


Toda a información sobre o PROCESO DE ADMISIÓN 2014-2015 NA PÁXINA WEB DE FP da Consellería de Educación.

Acceso directo ao CALENDARIO DE ADMISIÓN.




xuño 2014

Ensinanza
PERFORMANCE NO IES DE PONTECESO EN PROL DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS
Vídeo da performance realizada polo profesorado e alumnado do instituto en contra do recortes das ensinanzas artísticas na educación secundaria.


Matemáticas
MATEMÁTICAS BILINGÜES DE 3º DE ESO

Un pequeno fragmento dunha clase de matemáticas bilingües nos últimos días deste curso. Para que os de 2º de ESO vos animedes a coller esta materia en 3º.


Materias bilingües
MATERIAS BILINGÜES PARA O CURSO 2014-2015

No próximo curso 2014-15 o instituto ofrecerá a seguinte oferta de materias bilingües. 1º de ESO: Plástica e visual 3º de ESO: Plásitca e visual e matemáticas. 4º de ESO: Matemáticas.


abril 2014

XIV Semana Cultural
VÍDEOS DA XIV SEMANA CULTURAL
Amosamos anaquiños das actividades realizadas durante os catro días da nosa Semana Cultural. Grazas a aqueles que participaron e esperamos que disfrutárades e aprenderades un pouquichiño.
XOVES E VENRES:


MARTES E MÉRCORES:



Bolsas e axudas
BOLSAS de FORMACIÓN en LINGUAS ESTRANXEIRAS 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2014.

Destinatarios:
Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:
- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.
- 1º e 2º Bacharelato.

Requisitos:
- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
- Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2012-2013.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/2013.
- Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda.

Prazos:
Do 28 de marzo ao 28 de abril (ambos incluídos)

Nestes enlaces accederás a toda a información editada pola xunta:
- CARTEL DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN, coa información de a quen vai dirixidos e as modalidades, documentación a presentar, prazos, solicitudes, publicación de listas, achegas..
- PÁXINA AXUDASLE DA XUNTA, na que entras identificandote.



Actividades
CAMPAMENTOS de VERÁN

Oferta de prazas xuvenís nesta Campaña de verán: campamentos de verán por Galicia ou outras comunidades autónomas nos meses de xullo e agosto.

Dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos.

Prazo de solicitude ata o 10 de abril.

No seguinte enlace podes acceder á ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria


marzo 2014

Actividades
ENTROIDO NO INSTITUTO
Vídeo coas actuacións dos grupos no festival de entroido celebrado o venres 28 de febreiro.


Distribuir contido