IES EDUARDO PONDAL

abril 2014

XIV Semana Cultural
VÍDEOS DA XIV SEMANA CULTURAL
Amosamos anaquiños das actividades realizadas durante os catro días da nosa Semana Cultural. Grazas a aqueles que participaron e esperamos que disfrutárades e aprenderades un pouquichiño.
XOVES E VENRES:


MARTES E MÉRCORES:



Bolsas e axudas
BOLSAS de FORMACIÓN en LINGUAS ESTRANXEIRAS 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 680 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2014.

Destinatarios:
Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:
- 1º, 2º, 3º e 4º ESO.
- 1º e 2º Bacharelato.

Requisitos:
- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
- Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2012-2013.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/2013.
- Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda.

Prazos:
Do 28 de marzo ao 28 de abril (ambos incluídos)

Nestes enlaces accederás a toda a información editada pola xunta:
- CARTEL DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN, coa información de a quen vai dirixidos e as modalidades, documentación a presentar, prazos, solicitudes, publicación de listas, achegas..
- PÁXINA AXUDASLE DA XUNTA, na que entras identificandote.



Actividades
CAMPAMENTOS de VERÁN

Oferta de prazas xuvenís nesta Campaña de verán: campamentos de verán por Galicia ou outras comunidades autónomas nos meses de xullo e agosto.

Dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos.

Prazo de solicitude ata o 10 de abril.

No seguinte enlace podes acceder á ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria