IES EDUARDO PONDAL

setembro 2017

Comezo curso
HORARIO DAS PRESENTACIÓNS DO NOVO CURSO
Preme no seguinte enlace para acceder ao horario das presentacións do curso 2017-2018, podes descargalo e imprimilo.
HORARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2017-2018


Libros de texto
LISTA DOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018
Consulta en pdf a lista dos libros de texto da ESO, Bacharelato ou ciclos para o curso 2017-2018, premendo no seguinte enlace
LISTA DOS LIBROS DE TEXTO 2017-2018.


calendario setembro

Matrícula
ENLACES PARA ACCEDER AOS IMPRESOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018


IMPRESOS DE MATRÍCULA



Preme no vínculo correspondente para acceder ao IMPRESO DE MATRÍCULA do curso correspondente en formato pdf, cúbreo no ordenador e imprímeo:
Se o arquivo pdf non che deixa escribir ou non escribe correctamente, pode ser cuestión do navegador co que o abriches. Proba a abrilo co navegador Chrome.

 

xuño, xullo e agosto

Exames
CALENDARIO DOS EXAMES DE SETEMBRO
Preme no seguinte enlace para acceder ao calendario dos días e horas dos exames de Setembro, podes descargalo e imprimilo.
CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2017


Calendario avaliacións
CALENDARIO DAS AVALIACIÓNS DE SETEMBRO
Preme no seguinte enlace para acceder ao calendario das avaliacións de Setembro.
CALENDARIO AVALIACIÓNS DE SETEMBRO 2017




Libros de texto
LISTA DOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018
Consulta en pdf a lista dos libros de texto da ESO, Bacharelato ou ciclos para o curso 2017-2018, premendo no seguinte enlace
LISTA DOS LIBROS DE TEXTO 2017-2018.


calendario setembro

Matrícula
ENLACES PARA ACCEDER AOS IMPRESOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018


IMPRESOS DE MATRÍCULA



Preme no vínculo correspondente para acceder ao IMPRESO DE MATRÍCULA do curso correspondente en formato pdf, cúbreo no ordenador e imprímeo:
Se o arquivo pdf non che deixa escribir ou non escribe correctamente, pode ser cuestión do navegador co que o abriches. Proba a abrilo co navegador Chrome.

 

Xuño

Plan Proxecta

Rematamos o curso coa publicación da aplicación sobre as aves do esteiro

aplicacionaves   

   Podedes descargar a aplicación no playstore. "Aves do esteiro do Anllóns. IES Eduardo Pondal" Un traballo colaborativo que por fin podemos ver rematado.

  


As alumnas do IES Eduardo Pondal nos medios de comunicación

Que pasa na costa e La Voz de Galicia

"Cando divulgar trae premio" e "Tres alumnas do IES de Ponteceso en busca dun "gústame" pola ciencia"

epixenetica   

    O diario dixital da Costa da Morte "Que pasa na costa" foi o primeiro medio de comunicación da comarca en recoller o magnífico traballo de Jennifer Busto, Beatriz Lista e Nuria Sánchez, que participan nun concurso de vídeos de divulgación científica. Un gran traballo que demostra a enorme validez dos alumnos do noso centro. Coa colaboración de todos podemos axudalas a avanzar, dádelle un "gústame" e compartide

    La Voz de Galicia facíase eco máis tarde da noticia.

     Votade que ata o día 18 de xuño hai tempo.


Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Charla sobre as aves do esteiro

Charla Fundación Proxecta    

      Gran traballo dos alumnos de 3º ESO o sábado 3 de xuño na Fundación Eduardo Pondal no Couto.


Club de Ciencias

Charla sobre as aves do esteiro

    Charlaavees

      O próximo sábado 3 de xuño ás dez da mañá alumnos de 3º ESO impartirán unha charla sobre as principais aves do esteiro do Anllóns na Fundación Eduardo Pondal no Couto. Dita actividade xorde da colaboración entre a Fundación, o Club de Ciencias do IES e o proxecto interdisciplinar "Os visitantes de inverno" desenvolvido ao longo do curso polos departamentos de Educación Física, Educación Plástica, Inglés e Bioloxía e Xeoloxía.

Esperamos a vosa presenza


Club de Ciencias
Visitamos a Ángel Carracedo no CIMUS

 

     AngelCIMUS

     O pasado luns os membros do Club de Ciencias do IES Eduardo Pondal visitamos en Santiago ao noso querido Ángel Carracedo para percorrer con el as instalacións do CIMUS, un centro de investigación punteiro no mundo en farmacoxenética. Aproveitamos tamén a visita para coñecer os laboratorios de óptica da facultade de Físicas.

     Moitas grazas a todos os que nos acolleron e especialmente a Ángel por estar sempre disposto a apoiar as nosas iniciativas.

     Máis información e imaxes da visita no blog do Club de Ciencias.


Distribuir contido