Skip to Content

XIII Certame Musical "A Mocidade coa nosa lingua"

O grupo musical NUGALLA foi o gañador do XIII  Certame Musical "A Mocidade coa nosa Lingua" que tivo lugar en Arteixo o día 26 de abril de 2012. Neste certame participan grupos musicais e institutos da bisbarra coruñesa. Non é a primeira vez que o IES de Sabón ten acadado éxitos neste Certame, grazas a participación de grupos como "Relúa" e "O Rumor".

NUGALLA está formado por Cesar Romero, Brais Mosquera, Manuel López e José Luis López. Teñen a capacidade de contaxiar ao público e facelo partícipe da súa música, como podedes ver na fotografía do escenario durante o bis como gañadores do Certame.

Ademais, como lle corresponde aos gañadores do Certame, foron os encargados de poñer o peche musical ao Correlingua, ao pé da Torre de Hércules.

   


page | by Dr. Radut