Skip to Content

CHARLA-TALLER "EXPERIENCIAS QUE INSPIRAN". PROGRAMA EDUEMPRENDE

A Orientadora do IES de Sabón Ana Freán coordinou o 25 de maio de 9:00h a 11:00h no salón de actos do Centro Tecnolóxico de Arteixo "CTA" una actividade promovida pola "Cámara de comercio da Coruña" que está a colaborar coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no proxecto “Experiencias que INSPIRAN”, dentro do Programa Eduemprende da Xunta de Galicia. 

En este formato charla-taller de 2 horas de duración, están invitados o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de administración e finanzas e 2º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa coas profesora acompañantes Mónica Chrysanthy Edreira Viqueira e Mº del Pilar Martínez Souto. 

 

O alumnado que neste momento está a realizar as prácticas nas empresas, reservaron esa data e hora para presentarse no centro para a asistencia a nomeada charla.

Neste proxecto participan tres empresarias e emprendedoras galegas, que falaron do emprendemento desde unha perspectiva de experiencia e próxima ao alumnado. Os Obxectivos deste taller son:

-- Promover o emprendemento e as habilidades emprendedoras.

-- Achegar o emprendemento desde unha perspectiva adecuada e diversa, ao público nas aulas.

-- Comunicar un modelo de vida alternativo.

-- Falar do papel da empresa na sociedade.

-- Expoñer experiencias cercanas e reais que se convertan en referentes para os participantes.

-- Explicar como é o proceso de emprender.

Os Obradoiros realizados foron:

- Pasos á hora de emprender unha idea ou proxecto

- Recursos dispoñibles para emprender (entidades).

- Experiencias das emprendedoras.

- Desenvolvemento de competencias emprendedoras (creatividade, resolución de problemas, traballo en

equipo,…)

 

A Metodoloxía empregada no obradoiro baseouse nunha proposta gamificada interactuando co alumnado, dividindo os participantes en diferentes equipos de traballo, empregando o xogo e a dinámica grupal para que a rapazada fixera suposicións sobre os negocios das emprendedoras.

Nun segundo momento do taller realizouse unha posta en común sobre das conclusións da dinámica e un coloquio final. Remata a charla-taller con un contido audiovisual, visionando un vídeo dunha testemuña dun emprendedor da cidade da Coruña.

 



book | by Dr. Radut