try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Simulacro activación do Plan de Emerxencia Exterior

Dende a Xefatura do Servizo de Emerxencias recibimos a comunicación para realizar un simulacro de activación do PEE.

A data de realización será o martes 18 de decembro durante a mañá, e a información máis relevante é a seguinte:

Implantación do Plan de Emerxencia Exterior de ARTEIXO QUÍMICA  e realiz​ación dun simulacro de activación do dito PEE nas instalacións no Polígono de Sabón en Arteixo.

 Segundo a normativa vixente os órganos competentes das Comunidades Autónomas elaborarán, coa colaboración dos industriais, un plan de emergencia exterior (PEE) para previr e, no seu caso, mitigar, as consecuencias dos posibles accidentes previamente analizados, clasificados e avaliados, que estableza as medidas de protección mais idóneas, os recursos humanos e materiales necesarios e o esquema de coordinación das autoridades, órganos e  servizos chamados a intervir. O dito plan pode consultarse na seguinte dirección de internet:

http://cpapx.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/portal-cpapx/DXEmerxenciasInterior/PlansEmerxencia/PEE-Arteixo_Quimica_gal.pdf

 A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, en colaboración coa empresa, o Concello de Arteixo e as diferentes administracións, elaborou o dito plan e está a traballar nas accións de implantación efectiva das medidas de prevención e protección contempaldas no dito PEE.

 As instalacións do seu Centro docente, debido a proximidade á planta de Arteixo Química podería estar afectado por posibles consecuencias dalgúns dos escenarios accidentáis analizados dun hipotético accidente que se producise no interior das instalacións de Arteixo Química.

 Ademais da información especifica sobre o dito risco  xa facilitada, en datas próximas realizaranse reunións informativas coa comunidade educativa do seu centro para ampliar esta información e aclarar calquera dúbida ao respecto. Contactarase directamente coa dirección para a planificación das acción de información.. 

 Ademais, aproveitase para informar que dentro das accións de implantación do PEE de ARTEIXO QUÍMICA, vaise realizar,o próximo día 18 de decembro ao longo da mañán (SOBRE ÁS 12:20 HORAS), un simulacro de accidente que activará o plan e movilizará aos diferentes grupos de emerxencia contemplados no dito plan. Tamén soarán as sirenas de aviso á poboación que indicarán a activación do plan debido a un accidente e a adopción por parte da poboación e instalacións e empresas cercanas, de medidas de autoprotección que consistirían fundamentalmente no CONFINAMENTO no interior das súas instalacións, sen que sexa necesario realizar ninguna outra  acción pola súa parte.