Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Mobilidades PicassoMob

PicassoMob é un programa de intercambio recíproco entre alumnado galego e francés promovido pola Consellería de Educación e financiado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+.

Cambio recepción alumnado ESO 11/09

O luns 11 de setembro, primeiro día lectivo do curso 2023-2024, cambiamos a recepción do alumnado no pavillón debido a que segue en obras. O alumnado deberá acudir aos seguintes espazos ás 8h30 onde será recibido polas tutorías correspondentes:

Inicio curso 2023-2024

Achegamos as actividades de inicio para o curso 2023-2024 de profesorado, familias e alumnado. As clases comezarán o luns 11 de setembro, seguindo as instrucións que se indican, así como o transporte escolar que funcionará con normalidade no primeiro día.

Horario de agosto

Durante o mes de agosto o IES de Rodeira permanecerá pechado do 1 ao 16 do mes, abrindo do 17 ao 31 das 10h ás 13h.

Para calquera trámite ou comunicación poden enviar un correo ao enderezo do instituto (ies.rodeira@edu.xunta.gal). Agás casos de urxencia, os certificados entregaranse a partir do 1 de setembro na secretaría do centro.

Bo verán!

2º Bacharelato. Matrícula en materias condicionadas á superación das de 1º

O alumnado que se matricula en materias de 2º de Bacharelato condicionadas á superación dunha materia de 1º, sen ter cursado a de 1º no ano 22/23, poderá realizar unha acreditación para a súa superación, antes do inicio das clases lectivas. (Isto non é para alumnado que teña a materia como pendente do curso 22/23 para o curso 23/24).

Publicación da listaxe definitiva de Fondolibros.

Publicouse a lista definitiva de Fondolibros, poden pasar polo centro para consultala. 

Os libros e os cheques de material serán entregados en setembro.

Publicación da listaxe provisional de Fondolibros.

Poden pasar polo centro para consultar a listaxe provisional de Fondolibros do alumnado de secundaria, nela consta o número de libros asignado.

Unha vez resoltas as posibles reclamacións desta listaxe publicarase a definitiva coa asignación dos libros correspondentes do alumnado.

Adxudicación provisional das prazas do transporte escolar

Realizouse a adxudicación provisional de prazas do transporte escolar ao alumnado de secundaria.

 As solicitudes tramitadas para as liñas U1 (Avda. de Lugo - Castrillón) e U3 (San Blas - Dona María) foron admitidas todas por haber prazas dispoñibles nos autobuses.

Abre os ollos 2023

Xa temos a nosa revista Abre os Ollos 2023 en versión dixital. Nela poderedes ver un resumo do realizado polo noso equipo de dinamización en lingua galega ao longo deste curso. Desfrutádea!

https://www.calameo.com/accounts/7418974

Libros de texto curso 23/24

No documento adxunto pódese consultar a relación de libros para o curso 2023/24.

 

Distribuir contido