Mobilidades PicassoMob

PicassoMob é un programa de intercambio recíproco entre alumnado galego e francés promovido pola Consellería de Educación e financiado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+.


O obxectivo do programa é mellorar as competencias en linguas estranxeiras, a inmersión noutro sistema educativo e noutra cultura, ofrecer unha experiencia de aprendizaxe máis autónoma e responsable, e en definitiva, contribuir á mellora educativa do centro a través da apertura a Europa.


Os alumnos seleccionados viaxarán a Francia durante catro semanas, serán acollidos na familia do seu correspondente francés, e asistirán a clases nun centro educativo da rexión de Borgoña/Franco Condado. En contrapartida, os alumnos correspondentes franceses viaxarán ao seu tempo a Galicia, sendo acollidos na familia do alumnado galego, e asistirán as clases do IES de Rodeira durante catro semanas.


Quén pode acceder ao programa?
O Programa PicassoMob está dirixido a alumnado de 1o de bacharelato/Première que curse francés como lingua estranxeira e que teña estudado francés durante a  ESO ou teña un nivel B1 desta lingua.


Requisitos:
• Estar matriculado en 1o de Bacharelato no ano académico 2023/2024 e cursar Francés Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira.
• Ter superadas todas as materias de 4o ESO e cunha nota media mínima de 7 no
expediente da ESO.
• Ter unha nota mínima de 7 na materia de Francés en 4o de ESO e ter cursado Francés lingua estranxeira alomenos durante catro cursos ao longo da súa escolaridade e/ou estar en posesión dunha certificación B1 en lingua francesa.
• Documentación en vigor (DNI, NIE oi pasaporte), tarxeta sanitaria europea (TSE) ou un seguro de saúde con cobertura en Francia.
• Autorización familiar e declaración asinada de permiso de viaxe fóra do territorio nacional.
• Contar cos informes favorables do titor, profesor de lingua estranxeira e dirección.
• Aceptar expresamente os acordos, compromisos e condicións de participación segundo as bases desta convocatoria.


Solicita información ás túas profesoras do Departamento de Francés para facilitarche os formularios!

Máis info neste documento

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer