2º Bacharelato. Matrícula en materias condicionadas á superación das de 1º
O alumnado que se matricula en materias de 2º de Bacharelato condicionadas á superación dunha materia de 1º, sen ter cursado a de 1º no ano 22/23, poderá realizar unha acreditación para a súa superación, antes do inicio das clases lectivas. (Isto non é para alumnado que teña a materia como pendente do curso 22/23 para o curso 23/24).
1. Materias de continuidade
Son materias de continuidade no 2º de bacharelato e que exixen cursar e aprobar a de 1º correspondente as seguintes:
2º Bacharelato |
1º Bacharelato |
Bioloxía |
Bioloxía e Xeoloxía |
Debuxo Artístico II |
Debuxo Artístico I |
Física |
Física e Química |
Grego II |
Grego I |
Latín II |
Latín I |
Química |
Física e Química |
Segunda Lingua Estranxeira II |
Segunda Lingua Estranxeira I |
Tecnoloxía II |
Tecnoloxía I |
TIC II |
TIC I |
Xeoloxía |
Bioloxía e Xeoloxía |
Coro e Técnica Vogal II |
Coro e Técnica Vogal I |
2. Datas e lugar para a realización das probas
XOVES, 7 DE SETEMBRO |
||
Horario |
Materias |
Aulas |
09:00 – 11:00 |
Debuxo Técnico I Tecnoloxía e Enxeñaría I TIC I |
Aula Debuxo TABA TIC |
11:30 – 13:30 |
Coro e Técnica Vogal I |
Usos Mútliples |
3. Contido das probas
Cada departamento estableceu os criterios obxectivos e avaliábeis para a proba. Véxase a documentación anexa
- Acreditación Tecnoloxía e Enxeñaría I
- Acreditación T.I.C. I
- Acreditación Debuxo Técnico I
- Acreditación Coro e Técnica Vogal I