Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Asamblea da ANPA do IES de Rodeira

O próximo venres, 28 de setembro, terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnado do IES de Rodeira na Sá de Usos Múltiples ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria.

FP Básica de Servizos Administrativos. Listaxe definitiva do alumnado admitido

Todo o alumnado solicitante neste centro foi admitido.

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección deste centro a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe.

Presentacións Réxime Adultos Curso 2018-2019

A presentación das ensinanzas en réxime de adultos serán o próximo luns 17 de setembro de 2018

  • Ciclos Formativos FP (excepto distancia): ás 17:00h na aula de "Usos múltiples"
  • Ensinanzas Básicas Iniciais e Ensino Secundario Persoas Adultas: ás 17:00h na aula de "Usos múltiples"
  • Ciclo Formativo FP a distancia DAW: enviarase un correo electrónico para informar, tan pronto estea operativa a plataforma de teleformación

Presentacións Réxime Ordinario Curso 2018-2019

A presentación das ensinanzas de réxime ordinario serán o próximo luns 17 de setembro de 2018

Acceso e admisión á FP Básica

Ciclo Formativo ofertado: Servizos Administrativos

Postos escolares dispoñibles en 1º curso FP Básica Servizos Administrativos:

  • 18 prazas xerais

  • 2 prazas para alumnado con discapacidade recoñecida

Calendario de Exames de Setembro 2018

Xa se atopa dispoñible o calendario de exames de setembro do curso 2017/2018.

Podes descargar o calendario nesta ligazón.

Listaxe de libros para o Curso 2018/2019

Xa se pode consultar a listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso escolar 2018/19.

Axudas para libros de texto e material escolar

Información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Hoxe 21 de maio saiu publicada no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19

O prazo de presentación de solicitudes será do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 por vía electrónica ou na secretaría do centro, onde se poderá recoller o impreso de solicitude.

Listaxe definitivo de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018-19

Publícase a listaxe definitiva de alumnado de 1º de Bacharelato admitido para o vindeiro curso 2018-19.

O alumnado dos restantes niveis educativos foi admitido.

Distribuir contido