Axudas para libros de texto e material escolar

Información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Hoxe 21 de maio saiu publicada no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19

O prazo de presentación de solicitudes será do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 por vía electrónica ou na secretaría do centro, onde se poderá recoller o impreso de solicitude.

Pódese atopar toda a información na web da consellería no seguinte enlace, onde tamén se poderá descargar o impreso:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer