Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Obradoiro sobre extinción de incendios forestais

O alumnado de Ciencias da Terra de 1º Bacharelato, asistiu a un obradoiro sobre extinción de incendios forestais.

Obradoiro de extinción de incendios

XX Congreso estatal de voluntariado

Os correspondentes Xuvenís do IES de Rodeira, asistiron ao XX Congreso estatal de voluntariado celebrado na Expourense.

Correspondentes xuvenís

Charla-coloquio sobre o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia

logo parlamento de galicia

Este Luns 19 de novembro de 2018, ás 17.30

Charla-coloquio sobre o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.
Sesión divulgativa organizada pola Presidencia do Parlamento

Aberta a inscrición a bolsas ERASMUS+ 2019

Até o vindeiro 30 de novembro está aberta a inscrición para as solicitudes de bolsas Erasmus no ano 2019.
Cartaz Erasmus+ 2018

O Club dos Deberes

O mércores 24 de outubro, arrancou o Cub dos Deberes para alumnado de 1o, 2o e 3o de ESO. Este alumnado estará apoiado polos/as compañeiras/as de 4o de ESO e 1o BACH.

A actividade realízase na biblioteca do centro, os mércores de 17:00h a 18:30h e está supervisada por docentes.

Avaliacións Iniciais e Calendario do curso 2018/2019

Xa están dispoñibles  o calendario de avaliacións iniciais e o calendario do curso 2018/2019

Preme nos enlaces para a súa descarga

Reunións de presentación para nais e pais do alumnado

A vindeira semana haberá reunións de presentación para as nais e pais do alumnado según o seguinte listado:

Martes, 2 de outubro

  • 17:00 - 1º ESO
  • 18:30 - 2º ESO

Mércores, 3 de outubro

  • 17:00 - 3º ESO
  • 18:30 - 4º ESO

Xoves, 4 de outubro

  • 17:00 - FP Básica
  • 18:30 - 1º e 2º de Bacharelato

Asamblea da ANPA do IES de Rodeira

O próximo venres, 28 de setembro, terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnado do IES de Rodeira na Sá de Usos Múltiples ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria.

FP Básica de Servizos Administrativos. Listaxe definitiva do alumnado admitido

Todo o alumnado solicitante neste centro foi admitido.

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección deste centro a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe.

Presentacións Réxime Adultos Curso 2018-2019

A presentación das ensinanzas en réxime de adultos serán o próximo luns 17 de setembro de 2018

  • Ciclos Formativos FP (excepto distancia): ás 17:00h na aula de "Usos múltiples"
  • Ensinanzas Básicas Iniciais e Ensino Secundario Persoas Adultas: ás 17:00h na aula de "Usos múltiples"
  • Ciclo Formativo FP a distancia DAW: enviarase un correo electrónico para informar, tan pronto estea operativa a plataforma de teleformación

Distribuir contido